Nalgunhas aulas de Educación Infantil e Primaria estiveron a crear unhas receitas do máis saudable cos seguintes ingredientes: legumes, vexetais e/ou pescado.
Aproveitade para iniciar o voso recetario saudable.
Este mes celebramos a “4º edición dos Premios Merendas Saudables”. Como cada mes, as comisións saudables valoran os datos dos calendarios de merendas que ten cada aula do cole e reparten as invitacións do premio. Nesta ocasión, todas as clases premiadas disfrutaron dunha viaxe en karts no circuito do noso cole. Colaboraron na súa realización os títores e os profes de educación física.
Seguimos batindo récords de participación!
No seguinte vídeo podedes descubrir como celebramos que os meses de xaneiro e febreiro foron meses supersaudables no cole Frian:
Os nenos de infantil cumpriron tamén as expectativas e trouxeron unhas merendas moi saudables durante todo o mes. Por iso levaron un premio saudable. No caso do alumnado de 5 anos , unha sesión de karts co profe Edu. Tiñan moitas ganas e o foi xenial!!!
Se premes nesta foto podes ver máis fotos do alumnado de 4º
Estes días, exactamente o mércores 29 de marzo, publicouse unha nova no xornal Atlántico diario comentando todo o traballo que estamos a realizar no cole fomentando na nosa Comunidade Educativa unha vida saudable a través do noso Proxecto Documental Integrado e dos múltiples proxectos aos que estamos vencellados.
O importante deste proxecto son todos os cambios positivos que se están a realizar na nosa vida diaria como as merendas, mellora no exercico...
Se pinchades neste link podedes ver a noticia no xornal on line