Skip to Content

Obradoiros

Obradoiro coa nai de Celia en 3º B

O alumnado de 3º B fixemos un obradoiro coa nai de Celia , que é oceanógrafa.

Ofreceunos material e vídeos explicativos de como é o seu traballo. Tamén pintamos uns vasiños de porexpán que este verán levará a alta mar na súa seguinte campaña e os baixará unidos a un aparello de estudo dos océanos , a 5.000 metros de profundidade.En setembro volverá traelos e comprobaremos que efecto tivo neles a presión do mar.

Estamos desexando velo!

Grazas Marta!!!

Obradoiro de Lingua Galega

O alumnado de 4º de primaria participou nun obradoiro moi interesante sobre a Lingua Galega. A partir dunha historia, fixemos varios xogos, repartidos en dous grupos e dúas monitoras. A verdade é que repasamos moitas palabras en galego e aprendemos outras novas. pasámolo moi ben.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut