Skip to Content

Obradoiro coa nai de Celia en 3º B

O alumnado de 3º B fixemos un obradoiro coa nai de Celia , que é oceanógrafa.

Ofreceunos material e vídeos explicativos de como é o seu traballo. Tamén pintamos uns vasiños de porexpán que este verán levará a alta mar na súa seguinte campaña e os baixará unidos a un aparello de estudo dos océanos , a 5.000 metros de profundidade.En setembro volverá traelos e comprobaremos que efecto tivo neles a presión do mar.

Estamos desexando velo!

Grazas Marta!!!



page | by Dr. Radut