Os alumnos de infantil comezaron xa este curso 20-21 a traballar as TICS: pantalla dixital, robótica con BEEBOT e manipulación de materiais maker. Estes materiais maker son materiais manipulativos que permiten ao alumnado crear por si mesmo, aprender dos erros, coñecer diferentes materiais e en definitiva aprender manipulando. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que traballan os nosos pequenos cos materiais do recuncho maker.