Skip to Content

Festexamos...

Ecos do Día das Letras Galegas

Un variado alumnado do CEIP POMBAL ( alumnos/as de sexto, de 2º, de infantil... ) viñeron o día 25 de maio ao CEIP FRIAN-TEIS, para representar o conto de Carlos Casares: "A galiña azul".

Fixéronno xenial, podédelo ver nas seguintes imaxes.

 

 

Moitas grazas nenos e nenas do Pombal e ata pronto !!!

IV QUEDADA LITERARIA


O martes, día 23 de maio, o alumnado de voluntarios bibliotecarios e o curso de 4º A , fixemos unha saída ata o parque de Castrelos para festexar a IV QUEDADA  LITERARIA.

Primeiro lemos cos nenos e as nenas de 4º do CEIP POMBAL. Nesta ocasión, o alumnado bibliotecario fixo de contacontos para os nenos e as nenas de infantil do CEIP POMBAL, CEIP BALAIDOS, CEIP RÍA DE VIGO e CEIP CARRASQUEIRA e logo subimos ata o Pazo para mergullarnos nos contos de Bea Campos e cantar " O libro máxico " de Migallas.

O alcalde de Vigo e Chus Lago pecharon o acto.

Guardar

Non te esquezas que eres galega/o!

...E ASÍ REMATA A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!

Despois de contar os contos da “Galiña azul” durante toda a semana. Hoxe rematamos cunha actividade plástica. Os cursos de 4º, 5º e 6º compartimos unha manualidade cos cursos de infantil, 1º, 2º e 3º. Como non podía ser doutro xeito, despedimos a semana adicada a Carlos Casares, facendo unha galiña azul.

Unha galiña azul con ovos de cores, como a de Casares, e con ovos de chocolate. Este agasallo representa o agradecemento dos cursos lectores aos demais compañeiros do cole para que non se esquezan de que son galegos, como facía Casares con Ana.

 

Grazas Carlos Casares polos teus libros!!

Manualidade "A Galiña Azul" de Carlos Casares

A clase de 5º A viu festexar as Letras Galegas á nosa clase. Durante a semana nos contaron "A galiña azul" e o venres "A formiguiña esquiadora". Para rematar fixemos unha manualidade dunha galiña azul. Axudáronnos en todo e nos agasallaron cun ovo de chocolate!!! MOITAS GRAZAS POR VIR E NORABOA POR TODO O VOSO TRABALLO!!! DISFRUTÁMOLO MOITÍIIIIISIMOOO!!!

Guardar

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Seguimos contando "A Galiña azul" de Carlos Casares

Hoxe 18 de maio , continuamos no cole coa lectura da “Galiña azul”.  Algúns grupos contamos o conto da “Formiga esquiadora” e outros a “Galiña azul”.

Mañá finalizamos con esta actividade da semana das Letras Galegas cunha sorpresa moi especial.

 

4º B conta a 4 anos: "A formiga esquiadora"

 

4º A conta a 3 anos: "A formiga esquiadora"

 

6º A conta a 2º: "A galiña azul"


                                       Grazas Carlos Casares por este libro tan divertido!

 
Distribuir contido


by Dr. Radut