Skip to Content

Animación á lectura 19/20

HOXE BRILA UNHA ESTRELA : A LER

Despois de moitos días de chuvia e mal tempo , o sol fixo presenza no Frian e por iso aproveitamos para facer unhas lecturas ao aire libre  coa actividade " Lendo baixo a mesma estrela".

A CAIXA DOS CONTOS MÁXICOS

Este curso en Educación Infantil comezamos cun novo recurso de animación á lectura ao que chamamos "Caixa/bolsa dos libros máxicos" . Unha caixa cun conto moi especial que virá acompañado de material manipulativo e experiencias para traballar a través do conto .

 

Os contos escollidos foron : " Un libro" de Herve Tullet para o alumnado de 3 anos, "Mi pequeña habitación " de Jo Witek para o alumnado de 4 anos e " El gran libro de los superpoderes " de Rocio Bonilla.

 

 

 

" O NOSO CONTO FAVORITO"

 

Na clase de 4 anos B deron comezo a unha iniciativa chamada " O meu conto favorito". A través dos contos deixamos ver as nosas emocións , as nosas ilusións, as cousas que nos asustan e as que fan estar contentos. Pero sobre aqueles contos que nos deixan pegada, eses contos que marcan a nosa infancia e que están sempre presentes na nosa familia.

 

Os cativos de 4 anos B ao longo das semanas traeran a aula ese conto favorito que tanto lles gusta. Ademais de traballalo e gozar del na aula con todos os compañeiros, as familias nos visitarán para realizar un contacontos con todos e poderán realizar manualidades ou actividades que teñan que ver con este conto tan importante para eles.

 

Esta semana comezamos con Diego e a súa mama Pili que nos visitaron. O pasamos realmente xenial e levamos unha tartaruga preciosa de lembranza desta actividade. 

 

 

LENDO BAIXO A MESMA ESTRELA

A lectura é un pracer pero moito mais se o facemos ao aire libre.Comezamos o curso coa actividade

"Lendo baixo a mesma estrela", disfrutando de todos os espazos abertos que nos ofrece o noso centro, que son moitos.

 

Lectura silenciosa 

 

Lecturas en voz alta 

Lecturas en parellas e en pequeno grupo 

 

Da igual onde, da igual como, da igual con quen.... Sempre é un bo momento para gozar da lectura.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut