Skip to Content

Outras actividades

O GALEGO NO FRIAN

Dende o noso centro durante este curso estiverónse a traballar nas diferentes aulas e materias unha serie de rutinas que vos amosamos aquí e que se premedes nos enlaces podedes atopar todo o traballo realizado:

"Todos necesitamos vitaminas" e "O clube dos Supersaudables" que son dúas actividades de fromación de usuarios da nosa Biblioteca.

"O conselliño saudable" onde cada semana unha clase encargábase de recomendarnos un consello saudable para as nosas vidas. Este conselliño era difundido todos os luns por megafonía e así toda a Comunidade Educativa foi coñecedora deles.

PLANS PROXECTA nos que o centro participa e dende donde se realizan todo tipo de actividades fomentando unha vida saudable e activ

Aliménta-T ben

Máis e mellor actividade física

Móvete máis

Meteoescola ( Orballando Novas )

 

María Canosa fálanos de "Muriel"

O alumnado de recibiu a visita de María Canosa, autora do libro “Muriel” . Esta foi a lectura do 2º trimeste que resultou moi interesante.

María falounos da súa faceta como escritora, os momentos bós e os que non o foron tanto, en que se inspira cando decide escribir una historia, …

Estivo moi simpática e amable. Ao remate asinou os nosos exemplares.

A continuación podedes ver una pequena biografía de  María por si queredes saber algo máis de esta extraordinaria escritora.

 

María Canosa Blanco, nada en Cee o 20 de agosto de 1978, é unha escritora galega de literatura infantil e xuvenil.

Filla da escritora Concha Blanco, trasladouse á Coruña desde a súa vila natal para os seus estudos universitarios. Titulouse como Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña, traballou de enxeñeira e foi a Directora de Proxectos no Centro de Coñecemento da Costa da Morte.

Colabora como articulista en La Voz de Galicia, e foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e Radio Voz. Ocupou o posto de "experta" en letras no concurso Cifras e letras da TVG desde setembro do 2011 ata principios de 2013 cando deixou de emitirse o concurso. Cifras e letras foi substituído polo concurso Verbas van, en que tamén ocupa o posto de experta.

Animación á lectura en 1º

Fran Alonso visita Frian

 

VISITAMOS O MERCADO DAS TRAVESAS

O alumnado de 4 anos visitou o xoves o mercado das Travesas.Non só gozaron da visita e  o pasaron xenial ,senón que ademais aprenderon un montón de cousas que sen dúbida as utilizarán moito no proxecto do cole deste ano.

                                                    

Visita de Anxo Fariña

O alumnado de 5º de primaria, desfrutou coa visita de Anxo Fariña

Anxo Fariña na súa faceta de ilustrador

O escritor e ilustrador Anxo Fariña acudiu o noso colexio  o 21 de novembro, dentro do programa do "Faro da Escola" no que estamos a participar para a elaboración do xornal escolar. A súa visita ten que ver coa lectura do seu libro "A chave da Atlántida". Con anterioridade á visita realizamos nas aulas unha lectura comentada e compartida donde descubrimos a "Cidade misteriosa da Atlántida" moi preto do noso colexio, nas fantásticas Illas Cíes. Da man de A-0, un robot humanoide, vivimos unha apaixonante aventura.

Recuncho adicado a Anxo Fariña

Anxo Fariña comentounos a súa paixón polos robots, polas Illas Cíes, polo debuxo, pola escritura...Demostrounos o ben que debuxa e deixounos dous traballos: o labirinto, e o debuxo de M-0 (Mariely robot-humanoide). Deixounos uns agasallos que recollimos emocionados, tamén houbo momentos para as dedicatorias.

Moitísimas grazas Anxo pola túa visita e ao Faro de Vigo por facelo posible.

 

Mellores momentos de Anxo Fariña no noso cole

Distribuir contido


by Dr. Radut