Skip to Content

Outras actividades

De boca en boca

Cartel: Novembro, mes da Tradición Oral

O mes de Novembro adícase á Tradición Oral. É dicir, a todos eses ditos, refráns, lendas, contos e historias que, dende tempos inmemoriais, forman parte do noso Patrimonio Oral, e que teñen sido transmitidos de pais a fillos durante xeracións e xeracións.

Un pobo sen tradición oral é un pobo sen historia. Pero nós queremos ser conscientes de onde vimos e a onde imos. Por iso, invitamos durante este mes a toda a Comunidade Escolar a rebuscar na nosa memoria e recuperar todas esas historias que, cando eramos cativos, nos contaron os nosos pais ou os nosos avós.

Como podemos colaborar?

  • Os pais, nais, avós e avoas poden achegarse ó Colexio para nos contar historias. Pero... ollo! Antes poñervos en contacto con Ana F. ou con Mónica M., para establecer un horario!
  • Entre todos podemos elixir o "conto de boca" que máis nos gustou de pequenos. Para iso, cubride a enquisa que vos temos enviado, e devolvédea á escola.

Deixarvos levar! Seguro que o pasaredes moi ben!

 

¿QUE FACEMOS DENDE ESTE DEPARTAMENTO?

1.ELABORACIÓN DE LIBROS

Temos libros de contos, poesía, receitas, da flora

         

2. CARTEL E LEMA 

"ENTRE NÓS EN GALEGO" da direccción Xeral de Política Lingüística é a nosa guía. Nesta campaña participamos moitas veces, e mesmo fomos premiados no 2002 polo conxunto das nosas experiencias.

  

3. CAMPAÑAS DE LECTURA

Nas aulas lese indistintamente en galego ou en castelán. Moitas veces contamos coa presenza dos autores ou de animadores que de xeito engaiolador fan medrar en nós o vermiño da lectura.

Cada ano aumenta a dotación de libros tanto nas aulas como na biblioteca xeral.

4. NOVAS TECNOLOXÍAS

O uso das Tics increméntase a partires do 3º trimestre co gallo da celebración das LETRAS GALEGAS. Os recursos educativos da Xunta a as páxinas de Internet como "Galicia encantada", "Enciclopedia Etnonet", "Avelaiña"... o CD Galingua, programas baixados co Java Clic, permítennos achegarnos a todos os ámbitos da nosa cultura utilizando sempre o galego

5. FOMENTO DA FALA EN EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

Co título de "O MOUCHO FRIANÓN" levarase a cabo un proxecto de inmersión d@s nen@s máis pequenos na lingua galega, co obxecto de que ésta chegue a ser a lingua vehicular, xa que as enquisas amosan que por agora a lingua de uso maioritario nas familias da zona é o castelán. Con outras actividades como a recollida e lectura de contos antigos e actuais que teñan nas súas casas, trataremos tamén de mergullar ás familias para que continúen neste proceso de sensibiización cara a lingua e cultura galega.

Os/as nen@s de cursos superiores farán contacontos e outras representacións para os/as máis pequenos.

6. FESTIVAL LETRAS GALEGAS

Esta actividade consolidouse ao longo dos anos, ata tal punto, que dada a cantidade de intervencións, temos que desenvolvelo en varias quendas. Nel converxen todas as actuacións das 6 aulas de infantil, as 12 de primaria e o grupo de teatro da ANPA. Ao longo de toda a xornada podemos ver: escenificacións de contos, obras de teatro, poesías, baile, guiñol... e sempre actuacións para loar a figura do autor/a que se conmemora ese ano.

7. SAÍDAS

 Partindo da premisa de que é necesario coñecer o medio máis próximo para poder valoralo, desde hai anos, e segundo a idade dos/as nenos/as, saímos habitualmente para coñecer a nosa cidade, Vigo, e as  diversas entidades culturais: Ludotecas, Biblioteca Central,  polo Casco Vello, O Castro, As praias, Os  Museos Liste, Marco, e Das Palabras, Naturnova.... Despois ampliamos as nosas visitas a un entorno  algo máis amplo: Museo de Pontevedra, Illas Ons, Illas Cies, Planetario, Acuario e cidade da Coruña, Santiago de Compostela, ...

8. INTERACCIÓN COA COMUNIDADE EDUCATIVA

Entendendo que a familia ten un papel fundamental na transmisión da cultura e da fala, e que esta é a que marcca a linguaxe vehicular co/coa nen@, coidamos que é necesario non esquecer o contacto permanente cos pais e nais. Este lévase a cabo con distintas charlas coloquio, o fomento da participación do grupo de teatro da ANPA, a intervención activa en todas as celebracións do centro e, ademais a actividade da lectura. Esta consiste en escoller un libro que trate un problema de actualidade para que sexa lido polos pais e nais e que logo sirva como punto de reflexión común nunha charla-coloquio na que tentaremos contar coa colaboración dalgunha persoa especialista na temática.         

9. PLAN COMUNITARIO DE TEIS

Hai que subliñar a nosa interacción co barrio a través das actividades organizadas polo Plan Comunitario de teis.

Participaremos nas campañas " Carteis e Lemas" que se celebran todos os anos co gallo das LETRAS GALEGAS que consiste na elaboración, e posterior distribución nos establecementos e lugares comunitarios da zona, de carteis para fomentar o uso da nosa lingua.

Tamén tomaremos parte no concurso de narrativa breve que se convoca cada ano, e nas actuacións da "Festa das Letras Galegas" do I.E.S. República do Uruguai na que o noso centro participará con algunha obra de teatro ou peza musical interpretada polo alumnado.

10. INCIDENCIA DAS ACTIVIDADES NO INCREMENTO DO GALEGO

Con estas e outras tarefas que xurdan ao longo do presente curso, buscamos prestixiar a lingua galega, tratando de acadar o máximo avance posible do alumnado nas diferentes competencias a adquirir: entender, falar, ler e escribir

Distribuir contido


by Dr. Radut