Este ano imos continuar co magnífico traballo feito o ano pasado no horto. Iniciamos a nosa andaina coa axuda das familias para planificar e preparar a terra dos bancais.
Aproveitando o proxecto anual " Vivindo san no cole Frián" e que o vindeiro mes de novembro é o mes da ciencia, recibimos do CEFORE de Vigo a maleta viaxeira " Química na Cociña". Todos os alumnos do cole gozaron dos materiais desta maleta por uns días.
Con motivo do Proxecto Documental Integrado deste curso“Vivindo San no cole de Frian “, o alumnado de sexto saímos o mércores 4de outubro e quinto o xoves 19 de outubro ao Mercado do Progreso para participar na actividade Showcookings científicos do CSIC“ Dalle valorao peixe ” con Pepe Solla, resultado da colaboración do grupo
Vegalsa-Eroski e Familia mailo Concello de Vigo no programa COMErico VIVEsan, e realizada por Graciela, do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, coa inestimable axuda do chef Pepe Solla que é propietario dun restaurante galego cunha Estrela Michelín.
Visitamos postos de peixes. Ensináronnos a recoñecer o peixe frescoe a saber interpretar a información das etiquetas que acompañan ó peixe que está a venda. Tamén descubrimos todos os datos que aportan as etiquetas dos peixes conxelados e dos precociñados.
Despois cociñamos con Pepe. Elaboramos“ Xurelo con salsa de maionesa e salsa de chumichurri ”.
Puxémonos as súas ordenes e salgamos, mesturamos, rebozamos, batemos…e sobre todo degustamos a saborosa receita que preparamos.
O martes 10 de outubro o alumnado de Educación Infantil, puxo rumbo ao estadio de Balaídos para coñecer as súas instalacións. Toda unha aventura que gozamos moitísimo e que sen dúbida quedará na nosa memoria.
Un ano máis comezamos unha nova andaina cun proxecto Documental Integrado no que queremos que toda a Comunidade educativa estea implicada e fomentar unha vida sa e saudable.
Arrincamos cunha enquisa onde analizaremos os hábitos e preferencias na alimentación do noso alumnado e a súa actividade física.
Agora é o momento de dar algunhos consellos, lembrar algúns datos e apostamos pola vosa implicación.
Neste tríptico tedes unha pequenas guía de hábitos saudábeis para traballar na casa e mellorar a nosa calidade de vida