Hoxe , 5 de xuño, Día do Medio ambiente, o alumnado de 4º de primaria, fixemos unha saída aos bosques de "A Madroa" en colaboración co Plan Comunitario de Teis e coa Comunidade de Montes.
Fomos vendo cada árbore polo miúdo. Aprendemos moito do ecosistema formado polo bosque autóctono de Galicia.
Xa case acertamos as preguntas das distintas árbores e pasámolo moi ben.