Organizado polo Equipo de Orientación , estanse a desenvolver no Centro charlas sobre a Seguridade no emprego da internet; personal especializado do Ministerio de Interior será o encargado de dirixir as mesmas.
- O alumnado de 5º e 6º, o venres 26 de abril, asistiron a dita charla. Recibiron información sobre o emprego de redes sociais, o uso de xogos on-line, identidades dixitais... Deixámosvos unhas fotos do transcurso da mesma:
- O martes 30 de abril, as 5:00h teremos unha charla-coloquio sobre a "seguridade en internet" dixida ás familias.
Dada a importancia deste tema, esperamos a vosa participación!