Skip to Content

Festexamos

DÍA DA POESÍA 21 DE MARZO

Non queremos deixar pasar a ocasión de celebrar este 21 de marzo " O día da poesía". Aquí vos deixamos algunhas actividade e recursos .

A súa vez os animamos a participar no concurso 

" Un poema na túa voz " que nos propón a Asociación galega do libro infantil. 

Feliz día da poesía, este ano mais que nunca necesitamos da  poesía.Un recurso para reflexar os nosos estados de ánimo nestes momentos difíciles.

 

 

ROSALÍA DE CASTRO: 24 DE FEBREIRO

Entroido 2020

Despois duns días de moitos preparativos, por fin chegou o día do desfile.

Este ano tivemos un aliado perfecto, o sol, así as nosas comparsas, facendo referencia a distintos temas do noso P.D.I. anual "Vigo, cidade de cores" luciron fantasticamente.

Un cento de "Dinosetiños e dinosetiñas" tomaron as rúas coa súa cor verde; un grupo. ben grande de "Merdeiros e merdeiras", animaron a mañán e encheron a rúa do seu cheiro característico; "Os anunciantes dos museos" fixéronnos unha proposta moi interesante para estes días de Entroido; e, o pasado chegou ao noso barrio cuns "Vigueses e viguesas da Reconquista".

Cunha grande expectación, e centos de móviles e cámaras recollendo o momento, demos un bo paseo polo barrio. Xa moi cansadiños e cansadiñas voltamos ao cole para desfrutar dunhas xornadas merecidas de descanso.

Queremos aproveitar para dar as grazas a todas as familias que participaron dalgún xeito nos obradoiros de creación dos disfraces, sen elas sería imposible; e tamén os pais e nais que nos acompañaron e amenizaron o desfile coas gaitas e pandeiretas.

Deixámosvos as primeiras fotos dos grupos, desfrutade con elas.

 

 

 

Premendo na seguinte imaxe atoparás moreas de fotos e vídeos que o mestre Jose fixo durante o desfile.

Grupo musical

 

 

Durante toda a semana estivemos ben atentos/as "Os mandadiños do meco"

 

Tamén o luns, que e o día adicado a postres caseiros, dentro do calendario de merendas saudables, compartimos sobremesas de entroido, estaban ben boas!

 

 Jorge, pai de Xorxe de 6ºB, realizou un obradoiro sobre "Os Meredeiros" que recollemos no seguinte vídeo:

 

 

Bo entroido 2020!

 

 

MERENDAS COMPARTIDAS DE ENTROIDO

merenda entroido

Xa chegou o tempo do Entroido e decidimos que como os luns son os días das merendas caseiras, que mellor que compartir nas aulas unha merenda de Entroido ( filloas, orellas, rosquillas...)

Xa nos explica Alba Otero que son moi saudables

 

 

Día da Paz 2020

Bancos da amizade para celebrar o Día da Paz 2020

Este ano, co gallo do Día da Paz, decoramos dous bancos, un para cada patio, donde poderemos sentarnos a falar, facer amigos, escoitar, animarnos... en definitiva bancos onde ser máis felices.

Todo empezou cunhas madeiras onde tiñamos que estampar a nosa firma, sen saber que eran unha parte dun banco.

A innaguración dos mesmos veu precedida dun banco en papel, como primeiro bosquexo, que xa luce nos corredores; da milla diaria "camiñando pola paz"; dun Rap en Lingua Inglesa, dun poema recitado e de máis traballos plásticos conmemorativos.

A continuación deixámosvos algúns momentos da celebración.

Distribuir contido


by Dr. Radut