Skip to Content

Localización

Onde estamos

 Se queres saber onde nos atopamos pincha aquí: localización.

RÚA GONDERÁN Nº42 TEIS-VIGO

HISTORIA:

O colexio fíxose no ano 1978. Orixinariamente pensábase ubicar no lugar de Frian, preto das vías do tren, onde hoxe hai un parque , pero dado o volumen do edificio o solar escollido quedouse pequeno e situouse no  espacio actual, detrás das instalacións que Fenosa tiña por aquel entón en Teis, hoxe compartido co “Centro Comercial Travesía”.

ACCESOS:

Podemos chegar ao colexio en coche pola rúa Cantabria, ou a rúa Gonderán e dende hai uns anos, por un camiño peonil de 200m. que vai dende o Centro Comercial á entrada principal do colexio.

ENTORNO:

Está situado nunha zona semiurbana dentro da parroquia “San Xoán do Monte”, polo que podemos disfrutar duns espazos moi amplos para os tres patios de recreo e zonas verdes nas que hai plantadas diferentes àrbores: castiñeiros, carballos, limoeiros, oliveiras, choróns, moreiras,... Ademais de dispor de zonas de cultivo para facer unhas pequenas hortas.

ALUMNADO:

A maioría do alumnado vive preto do centro, nas rúas: Travesía de Vigo,  Aragón, Cantabria e a zona de San Xoán do Monte.

ADSCRICIÓN:

O centro está adscrito ao I.E.S. R.O.U. ( Rosais I ), que dispón dunha liña de autobús dende o colexio. Tamén se pode ir  ou andando xa que a distancia é curta.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut