Skip to Content

Tardes de conto

Nas tardes de conto: "Te quiero un montón"

O xoves 4 de maio xuntámonos no andar de Infantil con Adriana a nai de Aroa Núñez de 5 anos A para contarnos o conto "Te quiero un montón". Despois fixemos unha sorpresa para o día da nai.

Nas seguntes imaxes pode ver a actividade que realizamos con axuda de Adriana e Aroa:

 
Moitas grazas por este conto tan tenro e pola actividade!

Bookcrossing

Co gallo do Día do Libro 2017 a ANPA organizou unha actividade de "Bookcrossing".

Nas seguintes imaxes podes ver as instruccións de participación nesta actividade.

 

 

A continuación en imaxes distintos momentos da actividade:

Grazas por estas actividades tan interesantes!

Tarde de conto: "O principiño"

María, a mestra de teatro do colexio, fixo espertar a nosa imaxinación co conto do "Principiño", esto aconteceu o 15 de marzo. O rematar o conto fixemos unha actividade plástica estupenda.

María, moitas grazas por achegarnos a esta historia tan especial!

 

Tarde de conto: "A casa da mosca chosca"

Tarde de conto con Noa Amoedo de 6ºB e Lara Rodríguez de 2ºB.

Como nos gusta ver a alumnas participar nas tardes de conto!

Con moito esmero prepararon a súa narración e logo fixemos unha mosca.

 

 

Moi bo traballo, grazas!

Tarde de conto: "O coelliño branco"

O xoves 2/2/2017 xuntámonos no recibidor de infantil para unha nova sesión de contacontos. Xoán de 4 anos e a súa nai Tamara contáronnos o conto "O coelliño branco".

 

 

Despois todos xuntos e xuntas fixemos un precioso coello branco.

 

 

 

Moitísimas grazas pola bo tarde que pasamos!

Distribuir contido


by Dr. Radut