Skip to Content

O Magosto

O magosto

MAGOSTO 2020

Nestes días celebramos O Magosto  con dúas actividades diferentes:

-Ao longo da semana as familias colaboraron elaborando receitas  con castañas nas súas casas e posteriormente  compartindoas cos seus compañeiros e compañeiras en diferentes presentacións.

- Os  X Xogos polo Camiño, onde todo o alumnado do centro participou  nun circuito de xogos tradicionais organizado pola Equipa de Educación Física.

 

 

 

XOGOS POLO CAMIÑO 2020

 

Un ano máis imos celebrar os Xogos polo Camiño durante a semana do Magosto.

Como sempre unha escolma de actividades elaboradas e desenroladas pola Equipa de Educación Física do noso cole.

 

GRAZAS PROFES!!!

 

As cores do outono

Os nenos e nenas de tres anos desfrutan do outono

OUTONO CHEGOU MARRÓN E AMARELO A INFANTIL

En educación infantil, coa chegada do outono, realizaron moitas actividades. Observaron as árbores do patio e as pintaron coas súas cores marróns e amarelas. Tamén recopilaron froitas, follas, piñas... adicando un recuncho do aula á estación  outonal. Noutras clases elaboraron contos e historias do outono. E teñen establecido como rutina diaria a observación do ceo. A partires desta observación  debuxaron o movemento do vento movendo as follas; as nubes grises que traen  choiva e aprenderon a debuxar as estrelas que representan  o frío.

 

                  Grazas nenos e nenas polo voso traballo!

 

MAGOSTO 2017

Outro ano mais coa chegada do outono, o Magosto é unha oportunidade mais para gozar das castañas asadas e da realización de xogos populares no noso cole. O alumnado de Educación Infantil disfrutou a tope dunha xornada moi divertida.

                                                                                

Resultado de imagen de dibujos magosto

 

 

Guardar

Guardar

Guardar

Distribuir contido


by Dr. Radut