O alumnado de 5º recibiu a visita de María Canosa, autora do libro “Muriel” . Esta foi a lectura do 2º trimeste que resultou moi interesante.
María falounos da súa faceta como escritora, os momentos bós e os que non o foron tanto, en que se inspira cando decide escribir una historia, …
Estivo moi simpática e amable. Ao remate asinou os nosos exemplares.
A continuación podedes ver una pequena biografía de María por si queredes saber algo máis de esta extraordinaria escritora.
María Canosa Blanco, nada en Cee o 20 de agosto de 1978, é unha escritora galega de literatura infantil e xuvenil.
Filla da escritora Concha Blanco, trasladouse á Coruña desde a súa vila natal para os seus estudos universitarios. Titulouse como Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña, traballou de enxeñeira e foi a Directora de Proxectos no Centro de Coñecemento da Costa da Morte.
Colabora como articulista en La Voz de Galicia, e foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e Radio Voz. Ocupou o posto de "experta" en letras no concurso Cifras e letras da TVG desde setembro do 2011 ata principios de 2013 cando deixou de emitirse o concurso. Cifras e letras foi substituído polo concurso Verbas van, en que tamén ocupa o posto de experta.