Skip to Content

Había unha vez...!

"MIGALLAS" NA ESCOLA

O xoves 16 de novembro o grupo " Migallas" acompañado de Bea e Paulo, visitaron o noso cole para deleitarnos cun contacontos para o alumnado de 5 anos. " A galiña roxa" e " Wonder" foron entre outros dos contos dos que gozamos acompañados da guitarra. Grazas por vir, e esperamos voltedes mais veces.

 

                                          

 

 

 

 

 

"A publicidade no circo" por 6ºB

A publicidade no circo foi o tema elixido polo alumnado de 6ºB para elaborar o seu proxecto documental. Realizaron un impresionante traballo sobre como se traballa a publicidade centrándose no tema do circo. Despois deste traballo de investigación, decidiron plasmar toda a información cunha presentación.

 

 

Parabéns 6ºB

Festa da Lingua e fin de proxecto "Había unha vez..."

 

 

O  6 de xuño de 2017 celebramos no cole a festa das línguas e o peche do noso proxecto documental integrado deste ano, “Había unha vez…” , cun día de convivencia de toda a comunidade educativa. O obxectivo era implicar a todo o alumnado, o profesorado e ás familias para disfrutar dunha xornada onde todos tivemos unha parte de participación.

 

Comezamos  a función..!

        

  Pola mañá o alumnado disfrutou  dun tempo de xogos, organizados polos mestres de educación física; a actividade consistiu nun circuíto de dez xogos.

 

 

 

 

 

                          

Non hai dúbida que estamos en forma!!

 

 No tempo de recreo a ANPA  preparou  unha deliciosa merenda.

 

 

Hai que repoñer forzas!

 

Continuamos a función..!

 

 Seguimos cos obradoiros; cada unha das aulas  encargouse de realizar unha manualidade plástica para ambientar  o cole neste día de festa. Foi incríbel como quedou o cole de decorado!  

 

Fixéronse “photocalls” para divertirse inmortalizando o día de festa cunha foto. Decoráronse as portas do salón de actos e da aula onde se fixo a exposición dos traballos relacionados co circo;  elaboráronse bandeiriñas multicolor; garabatas decorativas, estandartes anunciando a festa....O  cole converteuse nun auténtico circo e o alumnado nos seus personaxes.

   

 

 

 

   Chega a hora do xantar, hai que repoñer forzas despois de tanta actividade física cun menú moi apetecible: paella, empanadillas, tortilla...Todo preparado pola ANPA.

 

 

 

              GRAZAS FAMILIAS!

 

 

Rematamos cos “postres” e o concurso de tartas organizado tamén polo ANPA. O  xurado tivo serios problemas para decidir cal deles era o doce gañador.

 

 

A familia Laredo Montenegro coa súa    “Tarta de ganaché”  foi a agraciada cun extraordinario  premio.

 

                       

 

Damas e cabaleiros con todos vostedes …o festival de “Había unha vez...”

 

   Sen dúbida o número máis esperado polas familias é a actuación de cada unha das aulas. Comezamos a función cos nenos e nenas de infantil e rematamos co alumnado de sexto de primaria versioneando unha canción de despedida.

 Tres horas de diversión cunha variedade de espectáculos circenses: dende cancións en galego, representacións teatrais, coreografías sincronizadas, raps inéditos, acrosport,  malabares… ata un auténtico repertorio de cancións en lingua inglesa. Non podemos esquecernos do xenial traballo feito polos mestres de cerimonias que presentaron os distintos números ó longo do festival.

 

    

Parabéns rapaces e rapazas por montar este fantástico circo en Frian, arrincar sorrisos ás vosas familias e emocionarnos a todos coas vosas actuacións.

 

          GRAZAS, MIL GRAZAS!

 

 

Rematamos a función visitando a exposición:

 

Pasen, pasen e vexan...!

 

 

 

 

  Ó longo da tarde as familias visitaron a exposición dos traballos plásticos feitos polo alumnado do cole durante a realización do proxecto documental deste ano. Non hai dúbida de que son uns verdadeiros artistas. Desfrutade da exposición!

 

 

 

 

….E como todo espectáculo chega o seu fin, o noso circo Frian remata a súa función

 

Esperamos que fora  do voso agrado. Non nos imos sen antes agradecer a todo o alumnado, a todos os mestres/as e a todas as familias a vosa participación e implicación nesta festa. Sen a vosa colaboración non podía ser posible.

 

                                                              

GRAZAS  A TODOS E TODAS E... BAIXAMOS O TELÓN!

 

    (Pouco a pouco iremos incorporando máis arquivos multimedia a esta nova)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Guardar

Guardar

Un maio de circo

Co gallo da celebración dos maios, a ANPA, como ven sendo habitual participou nunha exposición de maios. Traballaron en equipo para facer unha fermosísima carpa de circo moi acorde coa temática do PDI: "Había unha vez..."

 

Comezamos cunha estrutura

Traballamos...

 

E...traballamos

 

E así de orgullosos quedamos!

Parabéns polo traballo!

4º A presenta "A maxia do circo"

O alumnado de 4º A estivo investigando, no seu proxecto documental, a orixe da maxia ó longo da historia da humanidade. Fixeron un gran traballo buscando información sobre cal foi o motivo da aparición da famosa “variña máxica” e entre todos lograron descifrar ese segredo.


Dicindo as palabras máxicas, desfrutade do seu traballo :

Parabéns 4ºA !

 

Distribuir contido


by Dr. Radut