Skip to Content

Había unha vez...!

A nosa carpa de circo xa está na rúa

A ANPA do noso colexio fai eco do noso proxecto documental integrado; e, participa cunha carpa do circo para unha exposición que se está levando a cabo na rúa de Sanxurxo Badía organizada pola asociación de comerciantes.

Había unha vez...!

 

Moitas grazas por facer visible o noso proxecto!

5º A: "As emocións do circo"

5ºA presenta: “Emociónate no circo”

O circo é un mundo cheo de emocións, risa, sorpresa, tristeza... sin elas calquera circo non ten sentido. Por isto, o alumnado de 5º A estivo traballando no seu proxecto documental sobre o mundo das emocións. Foi un traballo moi interesante e sobre todo moi práctico porque aprenderon a contaxiar emocións positivas.

Emocionarvos co seu traballo!!

 

Infantil presenta: "As profesións do circo"

 

   Os nenos e nenas de 3 anos traballaron moi a fondo as profesións do circo.

 

              Disfrutade do deu traballo!


As nenas e nenos de 4 anos cóntannos o seu proxecto de forma rimada.

 

                  Auténticos artistas e poetas!!     

5º B presenta: "As familias do circo"

O alumnado de 5º B dedicaron o seu proxecto documental integrado a investigar a orixe familiar dos circos e centráronse na familia de pallasos máis importante no noso país. Os “Aragón” e os “Pallasos da tele” son parte da nosa historia. Traballaron as biografías percorrendo as vidas desta familia adicada a facer rir aos demais.

Parabéns 5ºB!

Desfrutade do seu traballo:

 

 

 

3º A: "Os pallasos do Circo"

Os alumnos e alumnas de 3º A estiveron facendo o seu proxecto documental integrado sobre “Os pallasos do circo”. Menuda investigación que fixeron sobre os pallasos máis famosos do mundo. Ademais realizaron un estupendo traballo plástico sobre a pintura de Botero.

Parabéns 3º A!

Agora desfrutade do seu traballo!

 

Guardar

Distribuir contido


by Dr. Radut