Skip to Content

Día da Paz 2020

Bancos da amizade para celebrar o Día da Paz 2020

Este ano, co gallo do Día da Paz, decoramos dous bancos, un para cada patio, donde poderemos sentarnos a falar, facer amigos, escoitar, animarnos... en definitiva bancos onde ser máis felices.

Todo empezou cunhas madeiras onde tiñamos que estampar a nosa firma, sen saber que eran unha parte dun banco.

A innaguración dos mesmos veu precedida dun banco en papel, como primeiro bosquexo, que xa luce nos corredores; da milla diaria "camiñando pola paz"; dun Rap en Lingua Inglesa, dun poema recitado e de máis traballos plásticos conmemorativos.

A continuación deixámosvos algúns momentos da celebración.



page | by Dr. Radut