A Concelleria de Medio Ambiente coa colaboración do grupo Vegalsa Eroski dinamizou ao longo do día 01 de marzo de 2018, unha actividade didáctica de alimentación saudable co título de “SANIFESTA”. Tratábase de fomentar o costume de interpretar o etiquetado dos alimentos entre os mais pequenos, co obxectivo de que se familiarizaran co contido obrigatorio que debe aparecer nas etiquetas dos produtos.
Esta actividade desenvolveuse no recibidor do Auditorio Mar de Vigo, con case 300 alumnos de Ensino Primario (de 3º,4º, 5º e 6º) do Concello de Vigo: Eduardo Pondal, Frian-Teis, Lope de Vega, Sobreira-Valadares e Otero Pedraio, que participaron nas actividades de “Come Rico, Vive San" e de "Dalle Valor ao Peixe” (durante o primeiro trimestre) dende as 09:45 horas ata as 13:00 horas.
O alumnado deste 5 colexios participamos nun taller de nutrición e outro de cociña saudable impartido polo chef con estrela Michelín Luis Veira, de Árbore da Veira, e os chefs Javi Freijeiro e Moncho Bargo de Coruña Cociña. Tamén fixemos exercicio e baile da man de Nova Galega de Danza. O alcalde, Abel Caballero, e a edil Chus Lago, respaldaron a iniciativa. A seguinte montaxe da mostra do que vos contamos...