Skip to Content

Convivencia

Convivencia

TRABALLO EN FAMILIA

 

 

Prezadas familias!

Unha ano  máis, desde o Equipo de Convivencia, propoñémosvos un traballo en familia para expoñer durante o Nadal no noso colexio. Este ano eleximos un barco cunha árbore, dacordo co proxecto que estamos a desenvolver dende a nosa Biblioteca “Un mar de linguas”.

Poñede a vosa imaxinación a traballar e converte este barco  nun adorno navideño.

BARCO NADAL

Podedes empregar calquera técnica e material para decoralo. Por exemplo:

papeis
papeis de cores pinturas
algodon botones
algodón botóns
semillas
sementes lapis
papeis
témperas papeis de agasallo
teas pasta
teas pastas
xornal revistas
xornais revistas

Como podes observar nas seguintes imaxes, o Nadal tamén chega ó mar, esperemos que vos sirvan de inspiración.

barco barco2
barco3 barco4
barco5 barco6
barco7

ESPERAMOS OS VOSOS FANTÁSTICOS TRABALLOS!

 

A TROPA DE TRAPO

CAMPAÑA IMPÓRTANOS

"Anita, Wamba y el ritmo del camino"

 

A reseña da saída está feita por Naiara de 3ºB

 

 

 

 

OBRADOIRO IMPÓRTANOS

                                                                                           CAMPAÑA IMPÓRTANOS

                                                      OBRADOIROS QUE DEIXAN PEGADA

As distintas formas de observar e interpretar os mapas foron o punto de partida deste obradoiro quenos permitiu realizar actividades moi interesantes:

- Reflexionar sobre a desigualdade que existe no mundo e que orixina que moitas persoas nonpodan satisfacer as súas necesidades máis básicas.

- Sensibilizarnos e debater sobre a orixe deste desequilibrio, destas diferenzas que se observana nivel global e que dan lugar a situacións tan inxustas.

- Moi importante a análise crítica que fixemos da nosa actitude cara a esta situación: como actuamos,que aportamos, como as nosas accións inflúen nos demais, que podemos cambiar ....

Quedounos moi claro que nenos/as e adultos podemos participar e cooperar para lograr que o mundo sexa máis xusto e que a nosa participación aínda que poda parecer un insignificante gran de area, dun xeito ou doutro, sempre deixa pegada.

 

 

 

2 DE ABRIL "DÍA MUNUDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO"

A través dunha APPS de moda chéganos este vídeo, catro minutos que ben paga a pena

CHEGA XA, O DÍA DA PAZ 2014 !

 

NELSON

Dende a Comisión de Convivencia, e co gallo do Día da Paz, queremos que todo o colexio se una para render un pequeno homenaxe a Nelson Mandela. Ofreceremos diversos enlaces para coñecer mellor a un home, que coa súa intelixencia, honestidade e valentía logrou cambiar a historia de Sudáfrica. Todos e todas participaremos na elaboración dun mural, a partir dunha imaxe de Mandela tomada de Google Imaxes, que acompañaremos con debuxos de nenos e nenas vestindo as emblemáticas Camisas Batik libremente decoradas…

“Non pode haber unha revelación máis intensa da alma dunha sociedade que a forma en que se trata aos seus nenos”.

(Proxecto de ilustración do norteamericano Marc Burckhardt, o cal retrata a diferentes líderes do mundo, rodeados da súa historia e a cultura a través dunha técnica enxebre; en cores e tonos terra que reflicten a humildade e a fortaleza de cada personaxe. A ilustración de Nelson Mandela foi unha das máis populares.)

 

VÍDEO: VIAXE Á LIBERDADE

 

 

nelso mandela

BIOGRAFÍA DE NELSON MANDELA
 nelson

FRASES CÉLEBRES DE MANDELA

 

 NELSON MANDELA  LOGROS DE MANDELA
  LIÑA DO TEMPO

HISTORIA DAS CAMISAS DE MANDELA

IDEAS PARA DESEÑAR A TÚA PROPIA CAMISA

CAZA DO TESOURO

A través da nosa Biblioteca temos sabido que,

o Equipo de Biblioteca do Ceip Condesa de Fenosa,

ten realizada a seguinte Caza do Tesouro sobre a

figura de Nelson Mandela.

 

A continuación deixamos recollidas as distintas propostas por Equipos para conmemorar este día.

EQUIPO TIC

 

 

Dende o Equipo Tic teñen seleccionado unha escolma de   actividades interactivas,  atopadas pola rede para empregar na aula co gallo do Día da Paz: páxinas de información xeral, LIM, xogos, actividades plásticas, etc

Bota unha ollada...

aulas Inglés

Dende as aulas de Inglés fannos a seguinte proposta de traballo, achegándonos tamén á figura de Nelson Mandela.

A nosa Biblioteca, atendendo ó PDI deste curso "A Lingua sabe a mar", convídanos a reflexionar sobre a degradación do medio mariño e catástrofes ecolóxicas na nosa costa co gallo do día da Paz. Deixámoste, a continuación o enlace ó Blog O lar de Frianciño onde podes atopar dita proposta

http://olardefriancinho.blogspot.com.es/2014/01/defendendo-o-noso-mar.html

enlace blog aula de Música

A canción que interpretaremos entre todos e todas o Día da Paz a pode atopar neste enlace ó Blog da Aula de Música: "As cousas de Avelino"

 aulas abalar

 

 

Dende as nosas aulas abalar fannos a seguinte proposta.

 

            a paz infantil Proposta dende Educación Infantil
Distribuir contido


by Dr. Radut