Dende a Comisión de Convivencia, e co gallo do Día da Paz, queremos que todo o colexio se una para render un pequeno homenaxe a Nelson Mandela. Ofreceremos diversos enlaces para coñecer mellor a un home, que coa súa intelixencia, honestidade e valentía logrou cambiar a historia de Sudáfrica. Todos e todas participaremos na elaboración dun mural, a partir dunha imaxe de Mandela tomada de Google Imaxes, que acompañaremos con debuxos de nenos e nenas vestindo as emblemáticas Camisas Batik libremente decoradas…
“Non pode haber unha revelación máis intensa da alma dunha sociedade que a forma en que se trata aos seus nenos”.
(Proxecto de ilustración do norteamericano Marc Burckhardt, o cal retrata a diferentes líderes do mundo, rodeados da súa historia e a cultura a través dunha técnica enxebre; en cores e tonos terra que reflicten a humildade e a fortaleza de cada personaxe. A ilustración de Nelson Mandela foi unha das máis populares.)
VÍDEO: VIAXE Á LIBERDADE
BIOGRAFÍA DE NELSON MANDELA |
|
|
|
LOGROS DE MANDELA | |
LIÑA DO TEMPO | |
A través da nosa Biblioteca temos sabido que, o Equipo de Biblioteca do Ceip Condesa de Fenosa, ten realizada a seguinte Caza do Tesouro sobre a figura de Nelson Mandela. |
A continuación deixamos recollidas as distintas propostas por Equipos para conmemorar este día.
Dende o Equipo Tic teñen seleccionado unha escolma de actividades interactivas, atopadas pola rede para empregar na aula co gallo do Día da Paz: páxinas de información xeral, LIM, xogos, actividades plásticas, etc Bota unha ollada... |
|
Dende as aulas de Inglés fannos a seguinte proposta de traballo, achegándonos tamén á figura de Nelson Mandela. |
|
A nosa Biblioteca, atendendo ó PDI deste curso "A Lingua sabe a mar", convídanos a reflexionar sobre a degradación do medio mariño e catástrofes ecolóxicas na nosa costa co gallo do día da Paz. Deixámoste, a continuación o enlace ó Blog O lar de Frianciño onde podes atopar dita proposta http://olardefriancinho.blogspot.com.es/2014/01/defendendo-o-noso-mar.html |
|
A canción que interpretaremos entre todos e todas o Día da Paz a pode atopar neste enlace ó Blog da Aula de Música: "As cousas de Avelino" |
|
Dende as nosas aulas abalar fannos a seguinte proposta.
|
|
Proposta dende Educación Infantil |