Moitos de nós empregamos a Internet acotío: para buscar información, facer un traballo, investigar sobre o noso tema favorito; tamén para xogar, escoitar música, comunicarnos cos amigos/as... Resúltanos útil, práctica e moi divertida, pero ... debemos empregala de xeito responsable, de forma que o seu uso nunca constitúa para nós un perigo.
O Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia,en colaboración coa Xunta de Galica, ofrece o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo co obxecto de que os usuarios da Internet sexamos conscientes dos riscos agochados na rede e, consecuentemente, podamos protexernos deles.Juan estivo hoxe no centro co alumnado de 5º e 6º de EP e achegoulles moitas normas para navegar con seguridade na Rede. Faloulles das situacións que entrañan riscos e de como evitalas, escoitou as súas experiencias e respondeu as súa preguntas. Ademais de expor moitas pautas de actuación, fixo fincapé na seguinte recomendación:
NON FAGAS NADA POR INTERNET QUE NON FARÍAS NA VIDA REAL.
(Preme na foto para ver outras imaxes)