Skip to Content

Actividades varias

Actividades varias

TOPO QUE ?

TOPO QUE ? ( ACTIVIDADE DINAMIZADORA DO GALEGO )
 
O luns 26, os nenos e as nenas de 6ºA, tivemos un obradoiro con actividades para comprender conceptos como topónimo e toponimia. Facendo grupos de catro, chegamos a percatarnos da importancia que teñen os topónimos como localizadores e a súa dimensión como patrimonio non material a consevar.
 

2º EN LIGAMATS

A X Semana da Matemática, pechou cunha grande alegría. O noso equipo de 6º formado por Iván, Ariadna, Andrés e Ainhoa capitaneados pola mestra Conchi quedou segundo clasificado, soamente superados polo colexio Rosalía de Castro, coorganizadores do evento.

 

foto ligamats

Penso que o luns chegarán ó colexio cargados de agasallos.

Nosa máis sincera noraboa!

EQUIPOS PARTICIPANTES EN LIGAMATS

Coincidindo coa X semana da Matemática dous equipos de alumnos e alumnas, un de 5º e outro de 6º do noso colexio paticipan en LIGAMATS, concurso matemático, buscando unha praza para a final e mellorando a nosa competencia matemática.

 

5º 6º

EQUIPO REPRESENTANTES 5º

De esquerda a dereita:

Adrián, Xabi, Joan e Carla

EQUIPO REPRESENTANTE 6º

                      De esquerda a dereita:

                 Ariadna, Andrés, Iván e Ainhoa

 

 Os representantes de 6º clasificáronse, por segundo ano consecutivo, para participar na final; será o mércores 19 no edificio da Fundación Barrié da Maza.

NORABOA E MOITÍSIMA SORTE!!!

 

UN NOVO PREMIO DE VIGOLANDIA

Gael (6ºA) gañou este ano o concurso de Vigolandia dirixido no noso colexio pola mestra Luz. O mércores día 12 de febreiro, a organización invitounos ao Concello de Vigo para recoller os premios. Despois de escoitar ao noso Sr. Alcalde Abel Caballero, nomearon aos gañadores e gañadoras e foron recollendo os seus diplomas, dignos de enmarcar. Nas fotos podedes ver a Gael neste día tan especial.

OBRADOIRO DE IGUALDADE

O venres, 17 de xaneiro, participamos nun taller de igualdade organizado polo Concello. A monitora chámase Elsa e explicounos  que todos somos iguais, tanto os homes como as mulleres. Reflexionamos sobre os estereotipos sexistas que describen as características asignadas pola sociedade a cada sexo. As mulleres son humildes, obedientes....e  os homes valentes, aventureiros...Tamén vimos catálogos  de xoguetes nos que comprobamos que cando van dirixidos ás nenas sempre aparecen rapazas moi ben vestidas e predomina a cor rosa. Nos dirixidos aos nenos aparecen rapaces en actitude decidida e  nunca en cor rosa nin morada.

Distribuir contido


by Dr. Radut