Skip to Content

Actividades varias

Actividades varias

DESEÑA UNHA XOIA PARA TÚA NAI

Este ano participamos novamente no concurso DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI.  Aquí tedes algúns dos debuxos presentados, que como podedes ver son preciosos. Fotos e vídeo realizados pola mestra Luz.

 


 Ánimo e  boa sorte a todos e a todas!!! 

UNHA CHARLA MOI DOCE

O mércores 20 de febreiro, o alumnado do 3º ciclo,  tivemos unha charla tan interesante coma doce. O tema, esta vez, foi "O mel". Aprendemos sobre a importancia do traballo das abellas, e deste delicioso manxar que a natureza con toda a súa sabedoría bríndanos.

Achegáronnos tamén o traballo minucioso dos apicultores; e despois de moitas preguntas, degustamos "Mel de Galicia".

Pareceunos a todos e todas moi saborosa!

CHARLA NAVEGA CON RUMBO

O xoves 24, David Ramos, da Escola Profesional de Enxenaría e informática de Galicia (CPEIG), dentro do programa Navega con rumbo, explicou ó alumnado abalar as claves para unha navegación segura.

alumnos

Falounos da importancia de manexarse ben pola rede; dos perigos, ós que estamos expostos; e dos coidados que debemos ter cando navegamos.

Empregamos a internet para achegarnos ó coñecemento, para comunicarnos en grupo, como entretemento e ocio, pero temos que saber que poderemos atoparnos con contido erróneo e inadecuado.

Durante a charla recibimos pautas para navegar seguro e recomendounos ó alumnado que cando teñamos dúbidas  preguntemos os nosos pais/nais ou mestres.

Como podedes ver na seguinte reportaxe fotográfica o alumnado estuvo ben atento.

 

Moitas grazas David, por unha charla tan interesante e amena.

CONTOS POLA TROPA DE TRAPO

Organizado polo Equipo de Orientación e financiado polo Concello de Vigo e dentro do programa "impórtanos", o xoves 13 de decembro, tivemos a sorte de contar con "A tropa de Trapo" unha compañía de contacontos sorprendentes;  se tendes dúbidas mirade estas cariñas en plena función:

nenas durante a función

Contaron as historia de Antía, unha nena galega;  Wanba, un home do congo e o pequeno regato.

Xuntos aprenden moitas cosas.

Deixámosvos unhas fotos tomadas durante a función:

E houbo moitísimos aplausos:

aplausos

OBRADOIRO DE RECICLADO DE PAPEL

O 3º ciclo de primaria acudíu o luns 10 de decembro ó Centro Cívico de Teis para asistir a un obradoiro de papel. Recibíronnos uns monitores, nunha aula, onde nos contaron a historia do papel.

PAPEL RECICLADO

A continuación puxémonos mans a obra, a reciclar papel. Primeiro fixo unha demostración a monitora, logo as mestras E finalmente un alumno; podédelo ver no seguinte vídeo:

Prestáronnos un kit de reciclado para facer papel reciclado todos e todas.

Resultou moi interesante.

Distribuir contido


by Dr. Radut