Skip to Content

Actividades varias

Actividades varias

No Festival de Teatro Intercentros 2012

teatro

O 10 de maio, o alumnado de 3º representamos ao colexio Frian no Festival de Teatro Intercentros no Auditorio do Concello de Vigo. Fomos os encargados de clausurar as xornadas. Estivemos un pouco nerviosos pero fixémolo moi ben. Tamén vimos obras doutros centros moi bonitas.

UNHA VISITA ESPECIAL

O Departamento de Orientación organizou unha xornada de sensibilización de persoas xordas para o alumnado do noso centro o día 13 de abril.

 Leváronse a cabo dúas actividades:

 - Un contacontos para o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil.

 - Unha campaña de sensibilización de persoas xordas, para o alumnado de educación primaria.

 Neste día os nenos e nenas poideron coñecer mellor como viven día a día as persoas xordas.

Camilo, xordo de nacemento, explicoulles a todos como facía para comunicarse con persoa oíntes, como espertaba pola maña, como podería saber se un bebé chora sendo el xordo...

Antonio foi o intérprete de lingua de signos.

En todo momento, Camilo a través de Antonio daba respostas a todas as dúbidas que xurdían nos alumnos-as.

 Esta actividade foi posible gracias á colaboración da Fundación FAXPG que realiza campañas de sensibilización a través das que difunden e dan a coñecer as características das persoas da Comunidade Xorda, a Lingua de Signos española e a Cultura desta comunidade.

Aquí vos deixamos un vídeo dos bos momentos compartidos.


EN BUSCA DO TESOURO

Os nenos e nenas do primeiro ciclo recibimos unha misión moi especial: axudar ao Señor D a atopar as súas moedas agochadas no noso colexio.

Pero non creades que foi doado, primeiro tivemos que buscar pistas e despois superar probar para obter unhas pezas coas que se formou o lugar onde estaba o tesouro escondido.

Queredes ver o ben que o fixemos e o ben que o pasamos??? Aquí vos deixamos un video.


UN LOGO PARA CONVIDAR AO AFORRO ENERXÉTICO

Xa temos gañador  do concurso  "aforro enerxético"

Neste ano adicado a enerxía sostible, comezamos realizando un concurso para elixir un logo que nos convide a deixar as luces apagadoas cando no sexan necesarias. Despois de 15 días de concurso con case 3.000 visualizacións e uns 300 votos o resultado foi o seguinte:

 

1º clasificado

 

30 votos

 logo

Feito por Antón Pazo Collazo (7 anos)

2º clasificado

 

  26 votos

logo

Feito por Noa Cosme Arias (11 anos)

 

 

  3º clasificado

  23 votos                                               

logo                                                                                                                          

         Feito por Aldara Baños Diéguez (11 anos)                                             

 

ENHORABOA A TODOS E TODAS OS/AS PARTICIPANTES!!!

O TRABALLO DO PRIMEIRO CICLO NO ENTROIDO

Xa celebramos o Entroido, que ben o pasamos!!! Pero canto traballamos...

Aquí vos deixamos un vídeo no que podedes ver a elaboración do noso disfrace. Sen dúbida, todo esforzo merece a pena.

Grazas tamén a vos, sen a vosa colaboración non sería posible!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut