Para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos, que se celebra cada ano o 10 de decembro, os alumnos de Valores Éticos de 2º de ESO B buscaron nos xornais exemplos de noticias que amosaban situacións nas que non se respectaban algúns dos dereitos que ten calquera ser humano polo mero feito de existir. A actividade serviulles para analizar cunha mirada crítica a realidade cotiá e comprobar que queda moito por facer. O resultado do seu traballo pode verse na exposición que montaron no hall de entrada ao instituto.
Dende o equipo de Biblioteca fannos chegar dous boletíns cargadiños de boas lecturas para esas tardes frías de inverno. Acompañadas dun chocolate quente e algo de música tranquila...planazo!
Reunida a Xunta electoral constituída o pasado día 2 de novembro e formada por :
- D. José Luis Mateos Santiago (director do centro)
- Dª Rosa Negreira Outeiro (representante dos pais/nais)
- D. Alfredo Iglesias Diéguez (representante do profesorado)
- Dª. Silvia Pazos Leis (representante do Persoal non docente)
- D. Adrián Villar Castelo (representante do alumado)
acordou o calendario electoral seguinte
10 de novembro | publicación das convocatorias de eleccións nos sectores de profesorado/ pais, nais e titores legais / alumnado e publicación dos censos. O prazo de reclamacións ao censo remata o día 17 ás 14:00 horas |
Días 11 a 18 de novembro | presentación de candidaturas (seguindo as instrucións que figuran na correspondente convocatoria electoral). Poden descargar o impreso de presentación de candidatura correspondente que achegamos nos anexos e presentalo en secretaría o envialo por correo electrónico ao centro. |
Días 22 a 25 de novembro | prazo para a campaña electoral |
Día 29 de novembro | Votacións (ver os diferentes horarios na correspondente convocatoria electoral) |
EN CONSECUENCIA INFÓRMASE QUE:
1. Xa están dispoñibles para a súa consulta, no taboleiro de anuncios do centro, as convocatorias de eleccións para renovación dos diferentes sectores do Consello Escolar. Tamén poden consultarse o censos correspondentes.
2.O prazo para presentar candidaturas é do 11 ao 18 de novembro ás 14:00 horas.
3. Neste proceso electoral compre elixir : 2 representantes do profesorado, 2 representantes do alumnado e 2 representantes dos pais, nais e titores legais.
A Dirección
DOCUMENTOS PARA PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS A CONSELLO ESCOLAR
- documento presentación candidatura para sector profesorado
- documento de candidatura a sector alumnado
- documento de candidatura a sector pais/nais/titores legais
A nosa compañeira e coordinadora da biblioteca, Teresa Araújo, elaborou unha presentación moi útil onde resume as posibilidades de acceso e servizos que ofrecen as bibliotecas dixitais, tanto do Ministerio de Cultura como da Xunta. Seguro que nos axudará a toda a comunidade educativa a atopar novas e interesantes lecturas. Moitas grazas, Teresa.
Como todos os anos, o verán é época para facer arranxos e melloras no centro. Este curso estamos mellorando o aillamento térmico e acústico das aulas de 2º bacharelato, as máis frías do centro por situación e orientación. Aproveitaremos para cambiar a iluminación por outra máis moderna e optimizada. -> Confort térmico e visual e aforro enerxético. #traballando_pola_sostenibilidade
Durante o mes de agosto, a atención ao público será a través do correo electrónico do centro ies.xulian.magariños@edu.xunta.gal. Serán atendidos á maior brevidade posible.
Publícase a listaxe provisional de solicitudes de axudas para adquisición de material escolar (cheque de material). Poden consultala vía web na aplicacion fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) ou no taboleiro de anuncios do centro.
Teñen 2 días (luns e martes da semana que ven) para presentar reclamación en caso de estaren excluídos.
Aqueles que a teñan concedida xa poden pasar por secretaría do centro para recoller o vale entre as 10:00 e as 13:30 horas.
Publicamos o calendario de probas extraordinarias de 2º bacharelato.
Clicar na imaxe para ver o arquivo PDF en máis resolución
Acaba de saír publicada no D.O.G. a convocatoria de fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar. O prazo de solicitude será ata o 21 de xuño
https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
- A axuda de material escolar a pode pedir todo o alumnado que vaia cursar de 1º a 4º ESO no vindeiro curso 24-25. Son 75€ para alumnado con renta per cápita familiar ata 6000€ e 60€ se a renda per cápita familiar está entre 6000 e 10000 euros.
- O Fondo solidario de libros no noso centro xa non se aplica pois todos os cursos de ESO pasan a ser EDIXGAL.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B - anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.
En caso de imposibilidade de tramitalo completamente por vía electrónica tamén podería facelo :
a) de forma presencial pero coa asistencia da aplicación FONDO LIBROS (neste caso cubra os datos na aplicación fondolibros (xunta.gal) imprima os ANEXOS I e II, asíneos e entrégueos no centro educativo acompañados do resto da documentación necesaria) , sendo este o seguinte método máis aconsellable pois evita erros de transcripción dos datos da solicitude
b) cubrir de xeito manual os ANEXOS e presentalos no centro ou en calquera dos rexistros e lugares legalmente establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo
En calquera dos dous casos consulte estas instruccións e preséntese no centro nos días indicados nese documento
- Pode haber unha axuda adicional ao alumnado con discapacidade maior do 65% cando, a xuízo do centro docente, non poida usar os libros de texto ou o material dixital do curso en que estea matriculado e non existan libros adecuados no centro. Solicite información no centro.
Acceso á guía de acceso e oferta de estudos nas 4 Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia (Santiago, Lugo, Ourense, A Coruña)