Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
22
all day
Acceso á guía de acceso e oferta de estudos nas 4 Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia (Santiago, Lugo, Ourense, A Coruña)
| 23
| 24
| 25
Data25/04/2024 12:53
O pasado 4 de abril tivo lugar a Feira das Profesións 2024, unha iniciativa que dende o pasado curso realízase en colaboración cos departamentos de orientación dos IES de Ames e Brión.
O noso alumnado tivo a oportunidade de coñecer en vivo máis de 50 profesións, interactuando con profesorado e alumnado das distintas titulacións representadas na feira e mesmo facendo pequenas prácticas para poñerse en situacións reais: Manipular mostras como se fai nun laboratorio, practicar a arqueoloxía con obxectos reais, facer radio en directo, estudar o corpo humano, esculpir en pedra e moitas actividades máis. Este ano, como novidade, contouse con dous espazos exteriores nos que se celebraron charlas nas que poder profundizar un pouco máis nalgunha das actividades profesionais representadas na feira. O noso IES participou non só como organizador senón tamén como expositor, dando a coñecer ao alumnado asistente os nosos ciclos formativos da familia profesional de Informática e comunicacións. Despois do paso do alumnado pola feira realizouse unha enquisa de satisfacción nos tres centros educativos, e os resultados non poden ser máis satisfactorios: o 86% do alumnado puntuou cunha nota de 7 ou superior a feira en xeral, e o 64,3% valorou con máis de 7 puntos sobre 10 o grao de interese dos postos da feira. O 79,2% manifestou ter coñecido algunha profesión da que nunca oíra falar e deles o 29,6% ve esa nova profesión como unha posible opción de futuro. Estes datos nos animan a continuar co traballo de organización deste evento, que para a súa edición 2025 se celebará no polideportivo Pedra Mámoa coa colaboración do Concello de Negreira. | 26
| 27
| 28
|