Chegan as desexadas vacacións e o noso equipo de biblioteca chega puntual con interesantes recomendacións para que disfrutedes de bos ratos de lectura. Clica na imaxe para ver o PDF.
Outro ano máis o alumnado do IES Xulián Magariños consegue o 100% de aprobados na convocatoria ordinaria da ABAU 2024: a totalidade do alumnado presentado (24/24) recibiu a cualificación de APTO nas probas de acceso a estudos universitarios.
Un remate ideal a todo o traballo realizado durante estes anos por estes alumnos a quenes desexamos moita sorte.
Queremos darlle a noraboa a todos eles, e queremos destacar especialmente a dos alumnos, Xiana García que acada un dos mellores expedientes de toda Galicia e será galardoada nun acto que terá lugar na Coruña, e Nicolás Santiago Gómez, que quedou a unha décima escasa de estar nesa lista de excelencia académica.
Estes son os prazos para solicitar praza e matricularse en 1º curso dos ciclos de Formación Profesional.
- Para ciclos de Grao Medio e Superior
Ver instruccións detalladas do proceso na Web da Consellería (IR)
VER OFERTA ACTUALIZADA DE CICLOS EN CENTROS PÚBLICOS (IR)
O alumnado que remata a ESO neste curso 23-24 cunha nota media igual ou superior a 9 pode participar nas probas para optar a un dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico. O prazo de inscrición é ata o 8 de xullo.
Publicadas as instruccións que regulan o transporte escolar no curso 24-25
Rutas e paradas curso 23-24 (obtido da web BUS.GAL)
Instrucción 23-24 (obsoleta)
A XLII promoción (2018-2024) de alumnos de bacharelato remata a súa traxectoria educativa no noso centro. O pasado xoves celebraron a súa graduación nun emotivo acto no auditorio de Negreira. O acto foi presentado por Rubén Gómez e Xiana García. Interviron Nuria Juncal por parte do alumnado e Araceli Otero e José Luis Mateos como padriños da promoción e foi amenizado na parte musical por Cibrán Figueiras, Julia Caramés e Lidia García.
Despedimos con moitísimo cariño a este excelente grupo de rapaces e rapazas, académicamente brillantes pero sobre todo moi boas persoas. Parabéns e moitísima sorte nesta próxima etapa das vosas vidas. E comoa sempre dicimos, e non é un tópico: volvede cando queirades que aquí tedes a vosa casa.
Aquí podedes consultar o calendario completo de final de curso, para todos os niveis de ensinanza impartidos no centro
INFORMAMOS QUE TODAS AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN PRESENTADAS FORON APROBADAS.
O alumnado deberá formalizar a matrícula do 23 de xuño ao 7 de xullo, ambos incluídos.
O 1 DE MARZO ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR A ADMISIÓN NO IES XULIÁN MAGARIÑOS (alumnado procedente de OUTROS centros que non son os adscritos)
FASES DO PROCESO
a) Entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro está aberto o prazo para que o alumnado do último curso dos centros adscritos a noso instituto (alumnado de 6º de Educación Primaria no CEIP O Coto e alumnado de 4º de ESO no CPI da Baña) reserven a súa praza no IES Xulián Magariños co obxecto de continuar aquí os seus estudos. Teñen que facer o trámite neses centros onde están cursando estudos a día de hoxe (ahí daranlles toda a información e os impresos necesarios). (FINALIZADO)
b) Sorteo público para efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo (FINALIZADO)
c) Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo. (FINALIZADO)
d) Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo. (FINALIZADO) O alumnado que non teña dereito a reserva de praza (non cumple as condicións do apartado a.) e quere empezar ou continuar os seus estudos de ESO ou Bacharelato aquí debe facer solicitude de admisión:
DOCUMENTACIÓN NECESARIA: solicitude (modelo ED550B), fotocopia do DNI ou libro de familia, certificado académico expedido polo centro actual onde está a cursar estudos, e de ser o caso sentenza xudicial de divorcio ou outra documentación para acreditar circunstancias persoais
As solicitudes faranse preferentemente a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ . Unha vez completada a solicitude pode presentarse por dúas vías:
a) En sede electrónica (mediante Chave 365 ou certificado dixital), acompañada do resto da documentación necesaria escaneada. Neste caso non é necesario entregar nada no centro, nin solicitude nin documentación
b) Imprimir a solicitude e asinala, e presentala físicamente no centro co resto da documentación
En caso de poder facer o proceso por internet pode pasar polo centro (previa cita telefónica) a recoller o impreso
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: O IES Xulián Magariños ten servizo de transporte escolar. Para solicitalo debe facerse no momento de formalizar a matrícula ( a finais de xuño)
VACANTES ESTIMADAS
A día de hoxe (28 de febreiro) as prazas vacantes estimadas son
1º ESO : 7
2º ESO : 17
3º ESO : 16
4º ESO : 16
1º BAC CIENCIAS E TECNOLOXÍA e HUMANIDADES E CCSS : 0
2º BAC CIENCIAS E TECNOLOXÍA e HUMANIDADES E CCSS : 15
TODA A INFORMACIÓN NA WEB DA CONSELLERÍA https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42051
Hoxe, 29 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.
O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.
Concederanse ata 20 premios de 1000 € e os candidatos deben ter unha nota media en bacharelato igual ou superior ao 8,5.
Adxunto poden ver unha folla informativa cos pasos a seguir para o alumnado que desexe presentarse.
Xa está plenamente operativo nesta web o Punto Laranxa Virtual contra o acoso escolar.
Non quedes calad@. Escoitámoste!
Loitemos xuntos contra o acoso e ciberacoso!
Se ves ou coñeces algún caso de algún compañeiro ou compañeira que está sufrindo podes enviar a túa mensaxe, de xeito anónimo, para que poidamos actuar inmediatamente.