A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria ven de publicar a Circular nº 2/2017 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do bacharelato establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2016/2017.
Reclamacións no centro. Prazos
- Convocatoria ordinaria: 23 e 24 de maio de 2017 (ata as 14.00 horas).
- Convocatoria extraordinaria: 5 e 6 de setembro de 2017 (ata as 14.00 horas).
Reclamacións ante a comisión de supervisión (Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo). Prazos
- Convocatoria ordinaria: antes das 14.00 horas do día 29 de maio de 2017.
- Convocatoria extraordinaria: antes das 18.00 horas do día 7 de setembro de 2017.
Como adianto da revista do instituto correspondente a este curso, e dado que este ano lemos moitos relatos de misterio, algúns de Castelao, o alumnado de 3º ESO comparte con nós algunhas mostras da súa propia creación. Disfrutade destes terroríficos relatos...(ou non ;)
IMPORTANTE: Xa se poden consultar as listaxes provisionais de adxudicación das axudas para cursos de inglés, na web da Consellería de educación. Hai 10 días para completar documentación ou facer reclamacións ou renuncias.
A Consellería de Educación convoca 682 prazas dirixidas a alumnado de ESO e bacharelato para realizar cursos de inglés de 1 ou 2 semanas, cursos que terán lugar en Galicia. As familias deberán abonar unha parte variable do custo total en función da puntuación acadada no proceso de selección. O prazo de solicitude remataba o 27 de marzo
O xoves 27 de abril, 6 alumnos/as do centro (dous por aula de 2º de ESO), acudiron a Santiago para participar na Olimpiada Matemática.
O alumnado de 4º de ESO do IES Xulián Magariños celebra o fin da súa etapa escolar cunha excursión a Cantabria entre os días 17-21 de abril, acompañado polos profesores Kety Lois e Pedro Núñez.
Visitarán os Picos de Europa, Potes, Fuente Dé, Colombres, Unquera, a cova de Altamira, Santillana del Mar e o Parque de Cabárceno entre outros lugares de interese turístico.
Hoxe nos envían unha foto dende a estación superior do espectacular teleférico de Fuente Dé, nos Picos de Europa. (clicando nela podedes ampliala)
Feliz viaxe!
Estánse a realizar obras no IES Xulián Magariños, que consisten nos cambios de ventanais e persianas na 1ª planta do edificio principal (aula de 2º Comercio, aulas de 3º ESO, departamento de Comercio e Economía e aula de informática 3) e na 2º Planta (departamentos de Orientación e Pedagoxía Terapéutica), co fin de mellorar o seu aillamento e incrementar a seguridade.
Tamén estánse a facer accesos apropiados para persoas con discapacidade física e colocaranse tapadeiras para fácil acceso ás tuberías da auga. A empresa que realiza as obras é "Construccións Quintáns" e a data de finalización pactada é o 18 abril, antes do comezo do 3º trimestre.
A prensa fíxose eco destas actuacións e podedes ver a noticia publicada no diario "El Correo Gallego" aquí
Fotos da visita didáctica realizada este xoves 6 de abril, polo alumnado da materia 2º Idioma Portugués de 4º ESO e de Cultura e Idioma Portugués de 1º de Bacharelato ao norte de Portugal visitando o Castelo de Guimarães e a Capela do Paço dos Duques de Bragança entre outros lugares. Foron a compañados polos profesores, Nuria Arauxo García, María Rey Rey e Xosé Amancio Liñares Giraut. Organizou departamento de Lingua Galega.
Moi bos resultados dos nosos equipos nas semifinais celebradas en Pontevedra. Os dous equipos do noso centro quedaron 1º e 3º. No medio quedou un equipo do IES Luis Seoane. Parabéns e sorte na final!