Skip to Content

Blogue de admin

Penso, logo existo... en galego! Participa nesta iniciativa do Concello

O Concello de Soutomaior convoca a iniciativa "Penso, logo existo... en galego!" con motivo do Día das Letras Galegas 2020, que nesta edición se dedica a Ricardo Carvalho Calero.

  • Obxecto: escribir e compartir en galego unha reflexión, emoción, idea, proposta, aprendizaxe..., en relación á experiencia vivida durante estes últimos meses por causa do COVID-19.
  • Destinatarios/as: mozos e mozas de 12 a 35 anos.
  • Formato: texto en galego acompañado dunha foto ou vídeo con texto ou audio en galego.
  • Canles de participación:
    • Facebook: comenta directamente na publicación desta campaña que aparece no Facebook de Xuventude de Soutomaior e no final do texto especifica o teu nome e apelidos para poder logo entrar no sorteo.
    • Instagram: publica a túa creación e pon o teu nome e apelidos ao final empregando os cancelos #omixsoutomaior e #SoutomaiorPensoLogoExistoEnGalego
  • Sorteo: sortearanse dous ordenadores portátiles entre as persoas que cumpran as bases da iniciativa e indiquen a autoría.
  • Bases completas aquí.

Fin dos proxectos do curso 2019-2020

Durante este curso académico 2019-2020 o IES de Soutomaior estaba a ser un fervedoiro de proxectos, ideas e traballo en equipo. A pandemia e a situación de confinamento que nos tocou vivir levaron consigo as nosas ganas de aprender, de traballar xuntos e tamén moitas ilusións.

O Proxecto da viaxe de fin de etapa de 4º da ESO (Contratos - programa) estaba a piques de chegar ao seu punto final, coa elaboración da guía de viaxe e a excursión a París, que non puido ser. Todo o que fixemos polo camiño pagou a pena: investigamos, lemos, tivemos sesión de cine, traballamos coas infografías e tivemos unha tarde fantástica dedicada á arte contemporánea que ningún de nós esquecerá, mais, sobre todo, compartimos risos e momentos que gardaremos na memoria como unha experiencia marabillosa que non puidemos culminar. Outra vez será!

O Proxecto Vívete, sobre igualdade de xénero e visibilización do colectivo LGTB+ (Contratos-programa), comezou a súa andaina alá por outubro, cando se configurou o Comando Igualdade. O alumnado participante levou a cabo intervencións co gallo do 25N e o 8M, que serviron para facernos críticos, creativos e sensibles ás problemáticas sociais que nos rodean. Para a memoria do noso centro quedan tamén as imaxes, vídeos, investigacións, performances e intervencións dun alumnado comprometido co futuro. No tinteiro fican actividades que trataremos de recuperar, como a Semana da diversidade afectivo-sexual, o ciclo de cinema LGTB+ e o obradoiro de fanzine, no que tanta ilusión puxeramos.

O Proxecto de educación patrimonial, titulado Miña casiña, meu lar (Plan Proxecta), acababa de dar comezo. Moitos plans e un traballo ambicioso por diante que se viron truncados. Aínda así, tempo tivemos de gozar dos recursos patrimoniais da nosa contorna, e de ler sobre unha das mulleres máis emblemáticas do feminismo e da nosa vila: María Vinyals. Tamén, no marco deste proxecto, o alumnado de 1º ESO traballou arreo para concienciarnos sobre a necesidade de coidar a nosa contorna inmediata, coa limpeza e a reciclaxe.

A celebración da Semana polo Clima, en setembro, espertou en nós a iniciativa de nos converter nunha Escola Verde (Plan Proxecta). Foron moitos os profesores que se implicaron en incluír a educación ambiental nas súas ensinanzas; desfrutamos de actividades como roteiros ambientais, visita ao Centro de Investigación Agroforestal de Lourizán, plantación e sementeira de árbores, charlas sobre residuos, xestión do monte… Participamos activamente na xestión sostible dos nosos residuos e iniciamos outras accións como unha ecoauditoría do centro, a plantación dun xardín silvestre, e outras que sen dúbida haberá que continuar.

E, finalmente, os Clubs de lectura, que reuniron preto de corenta alumnos e alumnas e que foron toda unha experiencia. Petiscos de arte acolleu alumnado de 1º e 2º de ESO que traballou con lecturas sobre artistas da arte contemporánea, facendo verdadeiras homenaxes coas súas creacións. O Club de lectura pola igualdade ofreceunos un excepcional espazo para o debate e a lectura de obras que nos encantaron, tanto aos participantes como aos profesores implicados. O Club Historias da historia abriunos os ollos a outras épocas e a outras realidades, e converteuse nun lugar de encontro entre profesorado e alumnado.

Nunca choveu que non escampara, e o alumnado e o profesorado do IES Soutomaior voltará o curso próximo con máis ganas de facer do noso centro un lugar mellor, comprometido coa realidade e coa nosa contorna.

Grazas a todos e todas, profesorado, equipo directivo, alumnado e o persoal non docente, pola vosa colaboración e ganas de facer!

Revisión da Programación Didáctica do Departamento de Lingua Galega (12-05-2020)

Conforme ás Instrucións de 27 de abril de 2020, da Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/2020, nos centros docentes da Comunidad Autónoma de Galicia, publícase para a súa consulta a Revisión da Programación Didáctica (12-05-2020). Para acceder directamente a cada unha das materias impartidas polo Departamento de Lingua Galega preme en:

LG 1º ESO LG 2º ESO LG 3º ESO LG 4º ESO

LG 1º Bacharelato

LG 2º Bacharelato Obradoiro 1º Bach.  

En adxuntos está a adaptación de cada curso

Para acceder á Programación Didáctica do Curso 2019-2020 (outubro 2019) preme aquí.

Información sobre a avaliación do alumnado (actualización: 19-05-2020)

Seguindo as Instrucións da Consellería de Educación sobre a 3ª avaliación, propuxéronse actividades de recuperación e profundización en contidos do curso. A avaliación considera as notas das primeiras avaliacións e o traballo feito desde o 14 de marzo para establecer unha nota final do curso. Cada Departamento establece tarefas, probas, prazos e criterios de cualificación nesta liña, que foron publicados na páxina web do centro nos apartados adicados a cada Departamento.
 
Os criterios acordados no centro, e comunicados á inspección, para avaliar o traballo do alumnado nas distintas materias serán os seguintes:
  • Media das dúas primeiras avaliacións para o alumnado que non realiza as tarefas que se están enviando:
    • 50% (1ª aval.) + 50% (2ª aval.).
  • Media das dúas primeiras avaliacións para o alumnado que está traballando:
    1. Poderá obter unha mellora, acorde ao traballado, de ata 1,50 en cada unha das anteriores avaliacións antes de aplicar a seguinte fórmula:
      • 45% (1ª aval.) + 40% (2ª aval.) + 15% (3ª aval.).
    2. Algúns departamentos poden establecer algún outro mecanismo de mellora polo traballado, pero sempre que beneficie o alumnado, e que se valore sobre 10 puntos.

Restablécese o proceso de admisión do alumnado de ESO e Bacharelato para o curso 2020-2021

Restablécese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión (RESOLUCIÓN 5 de maio 2020, DOG 6 de maio), polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 deste mesmo mes.O impreso de solicitude pode descargarse aquí.

Por motivos de seguridade, procuraremos establecer quendas para a entrega da documentación, co fin de non concentrar as familias no centro. Por esta razón, pedimos que chamedes ao 886159802 a partir do luns 11 para acordar día e hora, e así poder ser atendidos con maior seguridade sanitaria.

1. Novos prazos do procedemento.

De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

2. Novos prazos do proceso:

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

3. Adxudicación subsidiaria de postos escolares.

Con carácter excepcional, non se constituirán as comisións de escolarización. Todas as funcións para a adxudicación subsidiaria de postos escolares que se atribúen ao dito órgano do proceso de admisión serán asumidas e desenvolvidas polos servizos territoriais de Inspección educativa de cada unha das xefaturas territoriais da Consellería.

Non son fadas, son as nosas heroínas do cotián

Non son fada

Máis imaxes dos murais aquí.

Rosalía de Castro deu voz en Follas novas a "aquelas escuras e valerosas heroínas que viven e morren levando a cabo feitos marabillosos por sempre ignorados, pero cheos de milagres de amor e de abismos de perdón". Na súa modestia, para Rosalía eran "historias dignas de ser contadas por mellores poetas" ca ela.

E dende a modestia, pero con moita fachenda e moito cariño, con motivo da xornada reinvindicativa do 8 de Marzo, as alumnas e os alumnos de 2º da ESO, e tamén algúns mozos e mozas de 3º da ESO, quixeron homenaxear as súas heroínas do cotián: Dolores, Valentina, Rosalía, Elisa, María Erundina, Josefa, Marta, Nicolasa Paulina, Ángela, Rosa, Pepita, Lorenza, Rosita, Maruja, Clotilde, Carme, María... Nelas, o noso alumnado valorou capacidades, valores, aptitudes, traballos e accións que as converten en exemplos de loita e superación dos que aprender e dos que estar orgullosos.

As súas heroínas do cotián asomaron aos corredores do Instituto a través dos murais que elas e máis eles (as súas netas, fillas, sobriñas, veciñas...) elaboraron nas semanas previas ao 8M pero que, por mor da cancelación das clases, non puideron ter a proxección que merecerían entre a comunidade educativa.

No regreso ás aulas, non o dubidedes, habemos voltar sobre as vidas das nosas heroínas do cotián!

Modelos de exames ABAU 2020

A CIUG publicou os modelos de exame para as ABAU 2020. Para acceder a eles, premede aquí ou na imaxe.

Guías e titoriais de uso de ferramentas para traballar durante a suspensión das aulas

Como facer fotos ao caderno

Pautas da Biblioteca do IES de Meaño.

Instrucións para entregar as túas tarefas en fotografía (Aulas Galegas).

Enviar tarefas por correo electrónico

Normas básicas para escribir un correo (Biblioteca do IES de Meaño).

Indicacións para enviar tarefas por correo (IES Félix Muriel).

GMail e Google Drive

Videotitorial sobre coñecementos básicos de Gmail: crear conta, servizos ofertados e configuración básica) e videotitorial sobre como engadir contactos a GMail.

Titorial oficial sobre como enviar arquivos adxuntos en GMail.

Titorial oficial sobre como enviuar arquivos adxuntos de Google Drive a través de GMail.

Titorial oficial sobre Google Drive.

Reducir o tamaño dunha imaxe antes de enviala por correo

Para ordenador: Titorial sobre como reducir o tamaño de imaxes con Paint.

Para móbiles: aplicacións para reducir o tamaño de imaxes antes de envialas por GMail ou Whatsapp.

abalarMóbil

Videotitorial sobre a instalación e rexistro de abalarMóbil.

Videotitorial sobre funcionalidades de abalarMóbil.

Webex (servizo de videoconferencias)

Videotitorial sobre o servizo para o alumnado.

Aula Virtual

Acceso á AV (manual en PDF)

Videotitorial e manual en PDF para acceder a unha aula virtual (CEIP Santa Rita)
Videotitorial sobre a entrega de tarefas con móbil ou tableta.
Videotitorial sobre a entrega de tarefas co ordenador.

 

Comunicado do centro: inicio provisional da 3ª avaliación

Logo destas anómalas vacacións de Semana Santa, iniciamos o terceiro trimestre coa reanudación da actividade lectiva non presencial retomando rutinas escolares.
 
A falta de que se diten instrucións por parte da Consellería, que concreten medidas específicas para o desenvolvemento do que resta de curso, de momento retomaremos a actividade mediante tarefas fundamentais dos contidos das materias
 
Este mércores, 15 de abril, reúnese a Conferencia Sectorial de Educación, polo que esperamos ter un comunicado oficial sobre medidas que se deben adoptar. Seredes convenientemente informados/as de calquera novidade en canto teñamos coñecemento.
 
Non queda máis que animarvos nestes difíciles momentos, e nestas peculiares circuntancias, nós trataremos de seguir prestando a mellor axuda posible.

SEGUEMENTO DE MATERIAS PARA A 3ª AVALIACIÓN- 14/04/2020

A continuación detállanse as tarefas actualizadas a día 14/04/2020:

 

CURSOS

TAREFAS

CONTRASINAL AV

ITI 1 ESO A

A primeira tarefa da 3ª avaliación xa está dispoñible na aula virtual. Para consultar dúbidas e entregala escribide a: tecnovilalonga@gmail.com

Contrasinal de convidado: ITI_1ESOA

ITI 1º ESO B e C

Na 3ª avaliación o seguemento da materia realizarase a través da aula virtual. Para consultar dúbidas escribide a: educacion.sml@gmail.com

Contrasinal de convidado: ITI_1ESOBC

2º ESO A,B e C:

Na 3ª avaliación o seguemento da materia realizarase a través da  aula virtual.

Contrasinal de convidado: TECNO_2ESO_20

3º ESO Saínza

Seguemento a través da aula virtual.

Contrasinal de convidado: TECNO_3ESO_ABC

3º ESO Gabriel

Seguemento a través da aula virtual.

Contrasinal de convidado: TECNO_3ESO_2019

3º ESO Bilingüe

Seguemento a través da aula virtual.

Contrasinal de convidado: TECNO_3ESO_BIL

4º ESO

Seguemento a través da aula virtual.

Contrasinal de convidado: TECNO_4ESO_2019

TIC 4 ESO

Seguemento por correo electrónico e drive. Tarefa Stop Motion. Data de entrega: 22/05

 

TIC 1º BACH

Seguemento a través da aula virtual.

Empregade o voso usuario como ata agora

Tecno Ind 1º BAC

Seguemento a través da aula virtual.

Empregade o voso usuario como ata agora

TIC 2ºBAC

Seguemento a través da aula virtual.

Empregade o voso usuario como ata agora

Recordamos que o enlace da Aula Virtual é o seguinte: https://www.edu.xunta.gal/centros/iessoutomaior/aulavirtual/

Se necesitades consultar dúbidas, os nosos correos son os seguintes:

 

  • Saínza: educacion.sml@gmail.com
  • Gabriel: tecnovilalonga@gmail.com
Distribuir contido


by Dr. Radut