Skip to Content

Actividades

Móllate polos ríos

O próximo domingo 29 de setembro, o concello de Soutomaior participa na Limpeza Simultánea de Ríos que organiza ADEGA en toda Galicia. Anímaste a participar?

 

                             

Plan director no IES de Soutomaior

Dentro dos plans de prevención de futuros problemas que poden ter os estudantes, e que se imparten no centro, está o Plan Director.

Este plan é froito da colaboración do instituto e da Garda Civil do Concello e consiste nunha serie de charlas nos diferente cursos da ESO. Estas tiveron lugar o 18 e 20 de marzo con 1º, 2º e 3º da ESO e o 3 de abril con 4º da ESO.

Este ano a temática tratada foi a ciberseguridade e o ciberacoso, temas moi sensibles, xa que o alumnado ten acceso a moitos potenciais problemas por medio do móbil e sen sair das súas habitacións. O corpo da Garda Civil é clave nesta actuación pois ten moita experiencia con delitos, faltas e imprudencias cometidas pola poboación e puideron amosar aos rapaces as posibles consecuencias dun mal uso das redes.

Dende o centro queremos agradecer a visita e o xeito tan ameno de impartir as charlas.

 

Charlas "Plan Director" sobre ciberseguridade

18/03/2024 09:05
20/03/2024 12:55

A Garda Civil dará unhas charlas no centro, dentro do programa Plan Director, ao alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO, centradas na ciberseguridade.

 

Luns 18 de marzo en 1º da ESO 

  • 1ª hora: 1º ESO A e 1º ESO B
  • 2ª hora: 1º ESO C e 1º ESO D


Mércores 20 de marzo en 2º e 3º da ESO

  • 3ª hora: 2º ESO
  • 4ª hora: 3º ESO

 

Magosto no IES de Soutomaior

Un ano máis, o IES de Soutomaior parou as clases para que na tarde do 7 de novembro tivera lugar unha das celebracións máis entrañables da nosa cultura.

Por fortuna o tempo foi clemente con nós e parou de chover polo que puidemos desenvolver as actividades que tiñamos programadas.

             

Para comezar, as alumnas de 2º da ESO Olalla Lomba Otero e Giana Valadares Hernandez interpretaron varias cancións tradicionais.

As dúas artistas demostraron un gran poderío no escenario deixándo ao público abraiado pola súa interpretación.

Quedamos tan encantados que esperamos poder volver a disfrutar da súa música.

    

Despois do concerto, o alumnado puido ir a degustar as castañas ao patio cuberto da entrada.

Coma tódolos anos, Nati, do CEIP Padín Truiteiro deulle a esta celebración un gran salto de calidade traendo o seu tradicional asador e preparando os cucuruchos de castañas.

                

Para rematar, o alumnado puido disfrutar cos nosos xogos tradicionais.

O profesorado e a organización do evento quere agradecer a continua colaboración do alumnado de 1º de bacharelato que estivo a axudar con todo: repartindo as castañas, subindo e baixando os xogos así coma ensinando as bases de cada un aos seus compañeiros. Tamén queremos agradecer a Vanesa Peón o seu traballo para preparar e dirixir esta colaboración e a Antonio Ricón pola súa colaboración activa coa organización dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Para ver máis imaxes do evento pódese aceder á galería.

"O uso das novas tecnoloxías", primeira actividade formativa para as familias do Proxecto intercentros

 

O noso centro acolleu onte, xoves 21 de novembro, unha charla sobre os usos e perigos das novas tecnoloxías na infancia e na mocidade aberto ás familias dos colexios Manuel Padín Truiteiro e Pontesampaio e mais o instituto  de Soutomaior.

A charla “Uso responsable das novas tecnoloxías” foi impartida por Ana Salorio Fernández, profesora de Tecnoloxía no ensino secundario especializada nos usos das novas tecnoloxías por parte da xente nova. A exposición da docente tivo continuidade nun coloquio aberto ás nais e aos pais asistentes e abordou o gran potencial educativo, comunicativo e de lecer das novas tecnoloxías, pero tamén o seu uso inadecuado ou abusivo, que pode ter consecuencias moi negativas nas mozas e nos mozos.

Para acceder aos materiais que mostrou a profesora Ana Salorio, tedes que entrar en Curso Seguridade TIC na Aula Virtual do IES Chan do Monte de Marín. Logo, introducir o contrasinal CDM-arcade. Paga a pena que as nais e os pais lle botedes unha ollada.

Con este acto, apoiado polo Centro de Formación e Recursos da Consellería de Educación en Pontevedra, presentouse publicamente o Proxecto Intercentros, unha rede de colaboración que terá continuidade ao longo do curso con diferentes iniciativas orientadas ao alumnado, ás familias e ao profesorado dos tres centros. Para o curso 2019-2020, esta iniciativa ten como obxectivos organizar actividades formativas para as familias dos tres centros como base para unha Escola de Nais e Pais estable no futuro; fomentar a integración do alumnado de 6º de Primaria no IES a través de actividades conxuntas; e elaborar un plan de traballo común que fomente o intercambio de experiencias entre o alumnado e o profesorado dos tres centros.

Distribuir contido


by Dr. Radut