Skip to Content

Bioloxía

Inscripción aberta para participar na OLIMPIADA DE XEOLOXÍA

13/11/2024

 

 

Se queres participar fala coas túas profes!

 

2º ANO PARTICIPANDO NA XVII LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS

O alumnado do IES de Soutomaior participou na XVIII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” este domingo 29 de setembro. Unha actividade, coordinada por ADEGA e organizada polo concello de Soutomaior, que se celebrou en 56 concellos de toda Galiza, e no que participaron máis de 70 entidades.
 
O alumnado voluntario madrugou o domingo ás 10 da mañá e xunto con dúas profes, veciños e veciñas recolleron lixo nun tramo da ribeira do río Verdugo e Daión, e a contorna do Refuxio de Pescadores.
Nesta iniciativa recolléronse máis de 200 kilos de lixo.
 
                       
 

 

CURSO DE FORMACIÓN DE PROXECTO RÍOS

O sábado 28 de setembro celebrouse o curso de formación do Proxecto Ríos organizado por ADEGA no IES de Soutomaior.
Coñecimos de primeira man o traballo do IES de Ponte Caldelas e os compañeiros do grupo entomolóxico da Universidade de Vigo axudáronnos a identificar os macroinvertebrados. As profesoras xa estamos preparadas para comezar o proxecto no noso centro.

 

 

 

Móllate polos ríos

O próximo domingo 29 de setembro, o concello de Soutomaior participa na Limpeza Simultánea de Ríos que organiza ADEGA en toda Galicia. Anímaste a participar?

 

                             

INFORMACIÓN MATERIA PENDENTE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA CURSO 24/25

Adxúntanse os criterios de avaliación e a información do procedemento paa recuperar a materia pendente de Bioloxía e Xeoloxía de 1º ESO, así como as datas de entrega de boletín e probas escritas que se trasladarán ao alumnado na reunión convocada para o luns 16 de setembro no recreo na aula de 2ºESO B.

PROGRAMACIÓNS BIOLOXÍA E XEOLOXÍA CURSO 2024/25

 

Premendo na seguinte ligazón pódese consultar as programacións didácticas das materias do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do curso 2024/25.

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO NO CURSO 2024/2025

No curso 2024-2025 o departamento de Bioloxía e Xeoloxía está constituído polo seguinte profesorado:

 - Lucía López Senín, xefa de departamento, imparte as seguintes materias: Bioloxía e Xeoloxía 1ºESO grupos A e B, Proxecto competencial grupo AB, Bioloxía e Xeoloxía 3ºESO grupo A, Bioloxía e Xeoloxía 4ºESO, Bioloxía 2º bach, e prácticas de Bioloxía e Xeoloxía 3ºESO grupos A e B.

 - Montserrat Escudero Fernández, coordinadora do EDLG e titora de 3ºESO A, imparte as seguintes materias: Bioloxía e Xeoloxía 1ºESO grupo C, Proxecto competencial 1º ESO grupo BC, Bioloxía e Xeoloxía 3ºESO grupos B e C, Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias ambientais de 1ºbach., Anatomía aplicada 1ºbach., e prácticas de Bioloxía e Xeoloxía 3ºESO grupo A e de 4º ESO.

 

 

Charla da ADOS no IES de Soutomaior

O venres 14 de xuño o alumnado de 3º da ESO, 4º da ESO de Bioloxía e 1º de Bacharelato de anatomía tiveron unha actividade organizada polo Departamento de Bioloxía do IES de Soutomaior.

A ADOS é a Axencia de Doación de Sangue e Órganos do Sergas e xestiona estes recursos tan importantes para dar tratamento a persoas que precisan deles. Debido a que esta doación ten un carácter voluntario e altruista, unha das labores que debe facer esta axencia e a comunicación da importancia deste acto tan xeneroso.

Por esta razón trasladáronse ao centro un doutor experto en trasplantes e unha receptora dun órgano. O doutor aportou á charla os aspectos máis técnicos e a receptora explicou a súa experiencia como enferma, transmitindo como un órgano doado por outra persoa, salvou a súa vida.

Dende o IES queremos agradecer ao Departamento de Bioloxía a organización e ao equipo da ADOS por achegarse a Soutomaior a concienciar aos nosos estudantes da importancia deste xesto.

 

Horta escolar no IES de Soutomaior

Un ano máis, o Departamento de Bioloxía con Montse Escudero á cabeza, manteñen o espazo da horta do instituto en movemento.

Para a xestión deste espazo, a profesora traballou alí co alumnado da materia de Proxecto Competencial de 1º da ESO. Cómpre destacar que o traballo máis grande, o fixo un grupiño de voluntarios de 1º da ESO que sacrifican moitos dos seus recreos para coidar todas as especies plantadas.

A novidade deste ano foi aumentar a superficie do terreo anexando unha pequena parcela que está a ser habilitada como semilleiro.

Dende o centro queremos agradecer o traballo do alumnado voluntario e da profesora Montse que organiza esta actividade

Obradoiros Divulgaciencia: Comes con Ciencia

Dentro do programa de Divulgaciencia, o Concello oferta ao IES de Soutomaior Obradoiros para impartir no centro. Os Departamentos Didácticos escollen dentro destos os que máis se adecúan aos contidos que se estan tratando nas súas materias.

O mércores 3 de abril, o alumnado de anatomía de 1º de bacharelato disfrutou coa visita de David Ballesteros e o seu equipo, que expuxo de xeito moi inxenioso a relación da ciencia e dos sentidos cos alimentos. Os rapaces saíron sorprendidos da exposición e participaron de xeito activo e entusiasta.

 

Dende o centro queremos agradecer ao Concello as propostas e a David por ter mellorado un Obradoiro que xa trinfara o ano pasado.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut