Skip to Content

Novas

Concurso de Imaxes e Pezas audiovisuais co motivo do 25N

Este curso, varias alumnas de 1º de Bacharelato participaron de xeito voluntario no "Concurso de Imaxes e Pezas Audiovisuais co motivo do 25 N", cun vídeo no que transmiten de xeito contundente unha mensaxe de apoio a aquelas mulleres que sufren de violencia machista.

Esta semana, saíron publicados os premios, coa boa nova de que o grupo participante do IES de Soutomaior obtivo o 2º premio co seu traballo "A violencia non é un conto".

Fabiola Alonso Gómez, Elba Cabaleiro Cernadas, Safae el Gad el Arfaoui, Haizea Ferradanes López, Carla Gándara Casal e Aroa Agregán acudiron este xoves 21 de novembro á Cidade da Cultura en Santiago de Compostela ao acto de entrega do galardón xunto coa profesora Ana Aguiar Hormías que as axudou coa elaboración deste producto audiovisual.

 

                                       

Dende o centro queremos agradecer o esforzo do alumnado e a profesora participantes e felicitalos polo éxito acadado.

 

Viaxe de fin de etapa 4º da ESO

O alumnado de 4º da ESO disfrutará un ano máis do viaxe fin de etapa organizado polo IES de Soutomaior.

Como comentei no abalar do martes 5 de novembro, temos un enlace para acceder á información dos pagamentos así como para realizar a inscripción dos interesados en participar na viaxe.

Importante. A data para a inscripción, primeiro pagamento e seguro opcional é ata este venres 8 de novembro. Sentimos as presas pero é importante para ter un número de participantes e a axencia se poda organizar.

O concepto do pagamento será Soutomaior nome e apelidos (do alumno/a).

Exemplo: Se eu me chamo Iago Doforno Paz o concepto será: Soutomaior Iago Doforno Paz.

Ligazón inscripción e pagamentos

 

 

Outro punto importante é a axuda para o financiamento do importe da viaxe. O centro propón as seguintes posibilidades:

  • Rifas cestas de Nadal (pedir no despacho de vicedirección no centro).
  • Empresa doces e productos galegos LUICAR (para facer pedidos inscripción na web).
  • Empresa polvoróns "El Patriarca" (para facer pedidos inscripción na web).

Para estas dúas últimas empresas o alumnado dispón de tutoriais que detallan como facer a inscripción e como facer pedidos.

As dúas empresas facilitarán un catálogo impreso ao alumnado interesado. Para conseguir o catálogo o primeiro paso e inscribirse na web e logo o vicedirector os solicitará ao encargado.

 

 

 

 

Programa YAM no IES de Soutomaior

Este curso 2024/25, o alumnado  de 3º da ESO será o beneficiario para comezar as accións do programa e traballará cos instructores YAM de España.

A finalidade deste plan é dotar ao alumnado de ferramentas que os axudarán a enfrontarse a situacións difíciles da vida cotiá. Esto favorecerá a prevención de problemas no seu estado de saúde mental e os fortalecerá para evitar que "pequenos" obtáculos se convirtan en males maiores a medio e longo prazo.

Este modelo de intervención está recomendado pola OMS e por Save the children, pois tras ser avaliado por un estudo con máis de 11.000 alumnos, demostrou que é eficaz  para reducir intentos de suicidio e ideacións suicidas entre mozos sen problemas de saúde preexistentes nun 50%.

Para acollerse ao programa o alumnado poderá encher a autorización que se lles enviarán ás familias.

A páxina web oficial do programa (SERGAS) ofrece máis información que pode resultar útil ás familias interesadas. Tamén está adxunta nesta entrada.

 

2º ANO PARTICIPANDO NA XVII LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS

O alumnado do IES de Soutomaior participou na XVIII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” este domingo 29 de setembro. Unha actividade, coordinada por ADEGA e organizada polo concello de Soutomaior, que se celebrou en 56 concellos de toda Galiza, e no que participaron máis de 70 entidades.
 
O alumnado voluntario madrugou o domingo ás 10 da mañá e xunto con dúas profes, veciños e veciñas recolleron lixo nun tramo da ribeira do río Verdugo e Daión, e a contorna do Refuxio de Pescadores.
Nesta iniciativa recolléronse máis de 200 kilos de lixo.
 
                       
 

 

CURSO DE FORMACIÓN DE PROXECTO RÍOS

O sábado 28 de setembro celebrouse o curso de formación do Proxecto Ríos organizado por ADEGA no IES de Soutomaior.
Coñecimos de primeira man o traballo do IES de Ponte Caldelas e os compañeiros do grupo entomolóxico da Universidade de Vigo axudáronnos a identificar os macroinvertebrados. As profesoras xa estamos preparadas para comezar o proxecto no noso centro.

 

 

 

Convocatoria de reunión de titoría coas familias

O IES de Soutomaior convoca ás familias da ESO a unha reunión por titorías dos cursos  dos seus fillos/as titorandos/as. Nesta, se lles dará información importante de cara o comezo deste 2024/25.

 

                  Lugar              ESO:              Ximnasio     

                                         Bacharelato:   Aula Polivalente 

                  

Curso

Data

Hora

1º da ESO

mércores 2 de outubro       

16:30 h

2º da ESO

mércores 2 de outubro       

17:00 h

3º da ESO

mércores 2 de outubro       

17:30 h

4º da ESO

mércores 2 de outubro      

18:00 h

1º de Bach

mércores 2 de outubro       

18:30 h

2º de Bach

mércores 2 de outubro      

19:00 h

 

 

 

Acto de graduación de 2º de Bacharelato 23/24

O sábado 15 de xuño, o alumnado de 2º de bacharelato acudiu ao Castelo de Soutomaior xunto as súas familias e parte do profesorado do centro para celebrar a graduación deste curso 2023/24.

O público e os homenaxeados congregáronse nun escenario disposto nos xardíns e, as 18:30 comezaron os discursos recordando anécdotas e experiencias dunha etapa que dende agora, xa queda atrás.

Entre os discursos cómpre destacar a intervención do alcalde de Soutomaior que tivo unhas bonitas palabras, non só como cabeza do goberno do Concello senón como docente.

Dende o centro queremos agradecer a axuda do Concello, que nos facilitou o equipo de son e tódalas cadeiras así como do Hotel, que sempre nos bota unha man coa loxística. Tamén queremos agradecer, como non, a Deputación de Pontevedra que nos deran a posibilidade de poder celebrar un acto tan bonito no Castelo de Soutomaior, marco de incomparable beleza e que, sen dúbida, permanecerá no recordo dunha xeración de estudantes aos que desexamos o mellor no seu futuro.

 Pódense consultar as fotos do acto na galería da páxina web.

 

Convocatoria Becas para ensinanzas postobligatorias

Convócanse becas para estudantes que no curso 2024-25 cursen ensinanzas postobligatorias con validez en todo o territorio nacional:

  • Bacherelato.
  • Grado medio ou superior.
  • Ensinanzas artísticas profesionais e superiores, deportivas, estudos de idiomas, cursos de acceso á FP e ciclos formativos de grado básico.
  • Ensinanzas universitarias en todo o territorio nacional.

Para máis detalle e para consultar a cuantía das becas pódese premer na seguinte ligazón e así descargar o anuncio do BOE.

O prazo da solicitude é dende o 19 de marzo ás 9:00 ata o 10 de maio ás 15:00 de 2024. Débese cumplimentar vía telemática a traves da Sede Electrónica na seguinte ligazón.

 

 

O CONCELLO DE SOUTOMAIOR ENTREGA Á BIBLIOTECA EXEMPLARES SOBRE O CASTELO

Os concelleiros Diego Moreira e Silvia Cernadas achegáronse onte á Biblioteca do Instituto para faceren entrega de varios exemplares da publicación sobre o Castelo de Soutomaior que o Diario Nós acaba de sacar.

Esta publicación, realizada polo historiador Suso Vila, que conta con diversos textos e ilustracións, servirá para o seu uso e lectura por parte do Club de Lectura de 1º de Bacharelato, así como por parte das persoas interesadas.

 

Agradecemos ao Concello de Soutomaior esta entrega.

 

 

Openscience 2023

Esta pasada fin de semana , do 15 ao 17 de septembro, Breixo Cernadas e Lucía Castrillo tiveron a oportunidade de presentar na Openscience de Cambre o seu proxecto (Compost IA), gañador do Premio de Rigor Científico na pasada Feira da Ciencia organizada polo Concello de Soutomaior.

Dende as 12:00 do sábado ata a 13:00 do domingo, os dous participantes ocupáronse de explicar as características do seu innovador traballo á xente que se ía achegando ao seu posto.

Despois de tanto esforzo, os nosos alumnos tiveron unha recompensa ben merecida gañando o primeiro premio na categoría de bacharelato.

 

Dende o IES de Soutomaior queremos expresar o noso orgullo polo traballo realizado e pola idea tan orixinal. Tamén queremos agradecer o traballo feito pola súa titora do proxecto, Saínza Martínez López e pola OMIX do Concello de Soutomaior que organizou e facilitou a nosa participación no evento. Tampouco nos queremos olvidar de Sofía Martínez Braña, integrante inicial do grupo que finalmente non puido ir á Openscience este ano.

Distribuir contido


by Dr. Radut