CRITERIOS DE AVALIACIÓN E CUALIFICACIÓN INGLÉS CURSO 24-25
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBLIGATORIA (ESO)
A nota final das avaliacións, será o resultado das seguintes porcentaxes:
CUALIFICACIÓN 1º- 2º DA ESO
|
PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN
|
PORCENTAXE DA CUALIFICACIÓN
|
Proba Escrita de Grammar e Vocabulary
|
40%
|
Proba Escrita de Reading
|
20%
|
Proba Oral de Speaking
|
10%
|
Proba Escrita de Listening
|
10%
|
Proba Escrita de Writing
|
10%
|
Observación sistemática na aula e na producións do alumnado
|
10%
|
CUALIFICACIÓN 3º DA ESO
|
PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN
|
PORCENTAXE DA CUALIFICACIÓN
|
Proba Escrita de Grammar e Vocabulary
|
35%
|
Proba Escrita de Reading
|
20%
|
Proba Oral de Speaking
|
10%
|
Proba Escrita de Listening
|
10%
|
Proba Escrita de Writing
|
15%
|
Observación sistemática na aula e na producións do alumnado
|
10%
|
CUALIFICACIÓN 4º DA ESO
|
PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN
|
PORCENTAXE DA CUALIFICACIÓN
|
Proba Escrita de Grammar e Vocabulary
|
35%
|
Proba Escrita de Reading
|
15%
|
Proba Oral de Speaking
|
10%
|
Proba Escrita de Listening
|
10%
|
Proba Escrita de Writing
|
20%
|
Observación sistemática na aula e na producións do alumnado
|
10%
|
Para os alumnos con ACI da ESO as porcentaxes serán as seguintes:
CUALIFICACIÓN ESO(ACI)
|
PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN
|
PORCENTAXE DA CUALIFICACIÓN
|
Proba Escrita de Grammar e Vocabulary
|
30%
|
Proba Escrita de Reading
|
10%
|
Proba Escrita de Writing
|
10%
|
Observación sistemática na aula e na producións do alumnado
|
50%
|
EDUCACIÓN NON OBLIGATORIA ( BACHARELATO)
CUALIFICACIÓN EN 1º BACHARELATO
|
PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN
|
PORCENTAXE DA CUALIFICACIÓN
|
Proba Escrita de Grammar e Vocabulary
|
40%
|
Proba Escrita de Reading
|
15%
|
Proba Escrita de Listening
|
10% (Na avaliación extraordinaria, non hai cabida para tal valoración)
|
Proba Escrita de Writing
|
25%
|
Observación sistemática na aula e Speaking nas producións do alumnado
|
10% (Na avaliación extraordinaria, non hai cabida para tal valoración)
|
CUALIFICACIÓN EN 2º BACHARELATO
|
PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN
|
PORCENTAXE DA CUALIFICACIÓN
|
Proba Escrita de Grammar ( transformations) , Vocabulary e Phonetics.
|
45%
|
Proba Escrita de Reading
|
20%
|
Proba Escrita de Listening
|
10% (Na avaliación extraordinaria, non hai cabida para tal valoración)
|
Proba Escrita de Writing
|
25%
|
CRITERIOS XERAIS A TER EN CONTA EN BACHARELATO
-
En 1º de bacharelato o 10% de classwork obterase a partir do traballo realizado en clase: 5% corresponderá á participación oral individual ou en parella e 5% corresponderá ás redaccións trimestrais con preguntas orais sobre as devanditas.
-
En 2º de bacharelato non haberá porcentaxe de classwork e as redaccións para a práctica do exame de Writing serán voluntarias.
-
A nota final corresponderá á suma das probas e a aproximación á alza será a partir do ´7.
EXAMES
-
Os exames en cada avaliación faranse en dous días. Un para o Writing e Listening, e outro para o Reading and Grammar.
-
A duración das probas será de unha sesión de clase ( 50 min). No caso de retraso da profesora polo cambio de clase, o tempo poderá compensarse nunha marxe de 5/ 10 min, se as circunstancias o permiten. En ningún caso, salvo NEAEs, poderá o alumnado pedir tempo extra ou acompañar á profesora a outra aula.
-
O listening escoitarase un máximo de 3 veces.
-
O contido das probas :Os readings e listenings serán de tema libre sendo as probas establecidas pola editorial. A parte de gramática e transformacións serán modelos semellantes aos vistos na clase. Se unha alumna/ o falta reiteradamente en época de exames, será a súa responsabilidade poñerse en contacto coa profesora para poñerse ao día sobre os contidos impartidos.
CRITERIOS DE CORRECCIÓN DOS WRITINGS
A nota dos writings será obtida seguindo as rúbricas de corrección e puntuación de ABAU:
2.2. WRITE A COMPOSITION ANSWERING THIS QUESTION/ THESE QUESTIONS (2,5 puntos) Esta pregunta pretende avaliar a capacidade comunicativa do alumnado no ámbito da produción escrita. Valoraranse os seguintes parámetros:
· Contido e extensión: O alumnado aborda adecuadamente o tema proposto. Cúmprese o obxectivo e a extensión da tarefa. Non se repiten ideas innecesariamente. Demóstrase madurez e autonomía comunicativas. (0,7 puntos)
· Riqueza e control do vocabulario. Preséntase un uso flexible e correcto dun léxico rico e variado adecuado para tema proposto segundo o nivel requirido. Arríscase no uso de certas expresións sen abusar de expresións idiomáticas (0,6 puntos)
· Corrección gramatical, ortografía e puntuación: O alumnado ten un repertorio básico de elementos lingüísticos e de estratexias que lle permiten abordar o tema con comodidade. Non comete erros gramaticais básicos, como, por exemplo, omitir ou suxeito diante dun verbo, omitir a -s dá 3ª persoa do singular do presente habitual (she readS), utilizar adxectivos en plural, usar incorrectamente os adxectivos posesivos e demostrativos, non dominar os tempos verbais e outros. Hai poucos erros ortográficos e se empregan correctamente os signos de puntuación. (0,6 puntos)
· Cohesión e coherencia: O alumnado utiliza adecuadamente os conectores e demais medios de cohesión. O alumnado é capaz de organizar as súas ideas para redactar un texto coherente e ben estruturado (0,6 puntos)
Se o contido da composición non se adecúa ó tema requirido a puntuación será 0 puntos.
-
REVISIÓN DE EXAMES: A profesora ensinará ao alumnado os exames cando considere oportuno en horario de clase e antes da avaliación para a corrección de posibles erros e dúbidas. No caso de que unha alumna/o falte o día de revisión, terá que falar coa profesora para que llo ensine nun recreo que ela teña dispoñible.
RECUPERACIÓNS
-
A materia de inglés e sumativa en contidos, co cal non se contemplan recuperacións por avaliación. A nota será a suma das tres avaliacións ( 20%-30% -50%) cos seus decimais ( non a que aparece no boletín); isto é, un alumna/o cunha nota de 6,6 nunha avaliación terá como nota no boletín un 6, pero a súa nota final farase coa nota de 6,6.
-
O alumnado que non acadase a nota final superior a 4,7 poderá facer unha proba de recuperación das tres avaliacións sumativas na convocatoria extraordinaria de xuño.
-
O alumnado coa materia pendente que aprobe a primeira ou segunda avaliación terá a pendente aprobada. Se non se aprobase terá unha proba de recuperación en maio. Se non aprobase a pendente na proba de maio, e aproba a materia de 2º, tamén aprobaría a pendente.
FUNCIONAMENTO DA CLASE
-
A profesora poderá facer os cambios de colocación do alumnado que considere oportunos para impartir a materia co maior beneficio para os alumnas/os.
-
Para calquera dúbida ou aclaración estou ao voso dispor nas miñas horas de tutoría.