Skip to Content

Blogue de admin

ACTUALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DO 11/05 - 3ª AVALIACIÓN

A continuación detállanse as tarefas actualizadas a día 11/05/2020:

 

CURSOS

TAREFAS

CONTRASINAL AV

ITI 1 ESO A

A segunda tarefa da 3ª avaliación xa está dispoñible na aula virtual. Para consultar dúbidas e entregala escribide a: tecnovilalonga@gmail.com

Contrasinal de convidado: ITI_1ESOA

ITI 1º ESO B e C

Na 3ª avaliación o seguemento da materia realizarase a través da aula virtual. Para consultar dúbidas escribide a: educacion.sml@gmail.com

Contrasinal de convidado: ITI_1ESOBC

2º ESO A,B e C:

Na 3ª avaliación o seguemento da materia realizarase a través da  aula virtual.

Contrasinal de convidado: TECNO_2ESO_20

3º ESO Saínza

Seguemento a través da aula virtual.

Contrasinal de convidado: TECNO_3ESO_ABC

3º ESO Gabriel

Seguemento a través da aula virtual.

Contrasinal de convidado: TECNO_3ESO_2019

3º ESO Bilingüe

Seguemento a través da aula virtual.

Contrasinal de convidado: TECNO_3ESO_BIL

4º ESO

Seguemento a través da aula virtual.

Contrasinal de convidado: TECNO_4ESO_2019

TIC 4 ESO

Seguemento por correo electrónico e drive. Tarefa Stop Motion. Data de entrega: 22/05

 

TIC 1º BACH

Seguemento a través da aula virtual.

Empregade o voso usuario como ata agora

Tecno Ind 1º BAC

Seguemento a través da aula virtual.

Empregade o voso usuario como ata agora

TIC 2ºBAC

Seguemento a través da aula virtual.

Empregade o voso usuario como ata agora

Recordamos que o enlace da Aula Virtual é o seguinte: https://www.edu.xunta.gal/centros/iessoutomaior/aulavirtual/

Se necesitades consultar dúbidas, os nosos correos son os seguintes:

 

  • Saínza: educacion.sml@gmail.com
  • Gabriel: tecnovilalonga@gmail.com

Concurso de Imaxes e Pezas audiovisuaisco motivo do 25N

Este curso, varias alumnas de 1º de Bacharelato participaron de xeito voluntario no "Concurso de Imaxes e Pezas Audiovisuais co motivo do 25 N", cun vídeo no que transmiten de xeito contundente unha mensaxe de apoio a aquelas mulleres que sufren de violencia machista.

Esta semana, saíron publicados os premios, coa boa nova de que o grupo participante do IES de Soutomaior obtivo o 2º premio co seu traballo "A violencia non é un conto".

O video pódese visualizar premendo na seguinte ligazón.

Fabiola Alonso Gómez, Elba Cabaleiro Cernadas, Safae el Gad el Arfaoui, Haizea Ferradanes López, Carla Gándara Casal e Aroa Agregán acudiron este xoves 21 de novembro á Cidade da Cultura en Santiago de Compostela ao acto de entrega do galardón xunto coa profesora Ana Aguiar Hormías que as axudou coa elaboración deste producto audiovisual.

                                       O grupo aproveitou para visitar unha exposición da Cidade da Cultura.

Dende o centro queremos agradecer o esforzo do alumnado e a profesora participantes e felicitalos polo éxito acadado.

 

Outro ano de Magosto no IES de Soutomaior

O martes 12 de novembro celebrouse pola tarde o Magosto no IES de Soutomaior.

Coma o ano pasado, o alumnado puido probarse nos xogos tradicionais coa axuda dos grupos de 1º de bacharelato, que exerceron de monitores nas diferentes zonas do patio e pistas traseiras do centro.

      

Por outra banda, na entrada principal situouse o asador, que estivo cociñando todas as castañas que trouxeron as familias, profesorado e persoal non docente do centro. Esto fixo posible, que todo o que quixera puidera degustar este preciado froito de outono.

Nesta mesma zona, un grupo de alumnas e profesoras, amenizaron o xantar interpretando algunhas cancións tradicionais da nosa terra.

Podense ver máis imaxes na galería da páxina web do centro.

Moitas grazas ás familias e profesorado por participar de xeito tan activo nesta festividade e moitas grazas ao alumnado que comportouse de xeito exemplar facilitando a organización e desenvolvemento da actividade.

Regueifas no IES de Soutomaior

Un ano máis, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou esta actividade na que o alumnado de 2º da ESO coñeceu e aprendeu dos regueifeiros máis curiosos da nosa comunidade.

Nunha primeira sesión, o 9 de outubro, alumnos e alumnas dos catro segundos aprenderon a estructura, música e historia de estos cantares da man de Josiño da Teixeira.

Na segunda sesión baixou unha selección dos integrantes da primeira para traballar máis profundamente e para tentar preparar un grupiño para o acto que se celebra tódolos anos en Valladares. Desta vez, a encargada de formalos foi Lupe Blanco.

 

Dende o centro queremos agradecer o comportamento e entrega do alumnado, que pese a que non conseguiu clasificarse para o certame, aproveitou as dúas sesións para traballar e preparar as súas regueifas con moita ilusión.

Documental de Domingo Fontán no IES de Soutomaior

O martes 5 de novembro o alumnado de 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de poder visualizar un documental que versou sobre o traballo dun galego ilustre: Domingo Fontán.

Nel, puidemos visualizar como este cartógrafo recolleu de xeito minucioso datos ao longo da xeografía galega de xeito moi minucioso para a realización dun mapa que recolleu a xeografía do noso territorio. Para esto necesitou aplicar coñecementos matemáticos e utilizar instrumental topográfico moi avanzados para a época convertindo este mapa de galicia no primeiro mapa de España con estas caracteríaticas.

Dende o centro queremos agradecer á Deputación de Pontevedra que promoveu a actividade e ao Concello de Soutomaior que coordinou e propuxo a realización desta.

O IES de Soutomaior visita a Escola de Minas na Universidade de Vigo

O pasado mércores 23 de outubro o alumnado de 4º de ESO que cursa a materia de tecnoloxía realizou unha visita á Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, acompañado polos profesores Gabriel e Rosalía.

A xornada comezou cunha charla informativa sobre as titulacións ofertadas na Escola, e as posibles saídas laborais dos titulados na mesma. Posteriormente, realizáronse 2 obradoiros prácticos da Aula Aberta á Tecnociencia, que consistiron en actividades prácticas sobre combustión e novos materiais.

 
                

Dende o centro queremos agradecer ao Departamento de Tecnoloxía a organización desta actividade.

O resto das imaxes pódense ver na galería da páxina web.

Viaxe de fin de etapa 4º da ESO

O alumnado de 4º da ESO disfrutará un ano máis do viaxe fin de etapa organizado polo IES de Soutomaior.

Como comentei no abalar do martes 5 de novembro, temos un enlace para acceder á información dos pagamentos así como para realizar a inscripción dos interesados en participar na viaxe.

Importante. A data para a inscripción, primeiro pagamento e seguro opcional é ata este venres 8 de novembro. Sentimos as presas pero é importante para ter un número de participantes e a axencia se poda organizar.

O concepto do pagamento será Soutomaior nome e apelidos (do alumno/a).

Exemplo: Se eu me chamo Iago Doforno Paz o concepto será: Soutomaior Iago Doforno Paz.

Ligazón inscripción e pagamentos

 

 

Outro punto importante é a axuda para o financiamento do importe da viaxe. O centro propón as seguintes posibilidades:

  • Rifas cestas de Nadal (pedir no despacho de vicedirección no centro).
  • Empresa doces e productos galegos LUICAR (para facer pedidos inscripción na web).
  • Empresa polvoróns "El Patriarca" (para facer pedidos inscripción na web).

Para estas dúas últimas empresas o alumnado dispón de tutoriais que detallan como facer a inscripción e como facer pedidos.

As dúas empresas facilitarán un catálogo impreso ao alumnado interesado. Para conseguir o catálogo o primeiro paso e inscribirse na web e logo o vicedirector os solicitará ao encargado.

 

 

 

 

Plan Xeral Anual (PXA) 2024/25

Programa YAM no IES de Soutomaior

Este curso 2024/25, o alumnado  de 3º da ESO será o beneficiario para comezar as accións do programa e traballará cos instructores YAM de España.

A finalidade deste plan é dotar ao alumnado de ferramentas que os axudarán a enfrontarse a situacións difíciles da vida cotiá. Esto favorecerá a prevención de problemas no seu estado de saúde mental e os fortalecerá para evitar que "pequenos" obtáculos se convirtan en males maiores a medio e longo prazo.

Este modelo de intervención está recomendado pola OMS e por Save the children, pois tras ser avaliado por un estudo con máis de 11.000 alumnos, demostrou que é eficaz  para reducir intentos de suicidio e ideacións suicidas entre mozos sen problemas de saúde preexistentes nun 50%.

Para acollerse ao programa o alumnado poderá encher a autorización que se lles enviarán ás familias.

A páxina web oficial do programa (SERGAS) ofrece máis información que pode resultar útil ás familias interesadas. Tamén está adxunta nesta entrada.

 

Programacións Didácticas Relixión curso 2024/25

Nesta entrada están adxuntas as programacións da ESO e de 2º de Bacharelato para o curso 24/25.

Distribuir contido


by Dr. Radut