Skip to Content

Música

AS EMOCIÓNS A TRAVÉS DA MÚSICA

Ola a todas e todos, 

Neste blog publicamos as composicións realizadas polo alumnado de 4º da ESO do curso 2024 - 25. 

En cada unha das composicións está reflectida unha emoción diferente. 

Grazas a tod@s pola vosa creatividade. 

 Clicade abaixo e visualizade o video

Un saúdo, 

Paula

 

https://youtu.be/_cUEweLAEJw

PROGRAMACIÓNS MÚSICA CURSO 2024 - 25

Ola a todos/as, 

Nesta entrada de blogue poderedes consultar todo o relacionado coas PROGRAMACIÓNS da materia de Música. 

Un saúdo, 

Paula Veiga

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN PARA O CURSO 2024 - 25

Benvidos ao novo curso escolar!

Nesta entrada de blog podedes atopar os criterios de avaliación e os instrumentos de avaliación da materia de Música para este curso escolar. 

CRITERIOS 2º ESO

CRITERIOS 3º ESO

CRITERIOS 4º ESO

Un saúdo, 

A xefa do departamento, 

Paula 

 

BREVE MOSTRA DO INICIO DO MUSICAL "HIGH SCHOOL MUSICAL SOUTOMAIOR"

O curso pasado (2023 - 24), dende o Proxecto Competencial "Música e movemento", o alumnado de 3º da ESO elaborou un musical, co seu guión, as súas coreografías, o decorado, a vestimenta, etc 

A continuación compartimos o guión e o breve video promocional do mesmo. 

GUIÓN DO MUSICAL: no documento adxunto tedes o guión completo.

VIDEO PROMOCIONAL DO MUSICAL

https://youtu.be/iXQnJnCfEXk

 

Benvidos a todas e todos ao novo curso escolar!!!

Paula

Concerto de fin de curso no IES de Soutomaior

Despois dun curso agotador chegou o momento de festexar a finalización do curso 2023/24.

O venres 21 de xuño despois do recreo, o alumnado e profesorado baixaron ao ximnasio a disfrutar das actuacións preparadas polo alumnado participante. Estes estiveron ensaiando coa coordinación de Paula Veiga Sertal en recreos e ocos nas últimas semanas do curso.

O espectáculo foi moi variado, e o público quedou abraiado polo nivel das pezas que se representaron. Ao rematar o concerto, o director repartiu os trofeos do torneo de ping pong organizado polo alumnado de 3º da ESO.

Dende o centro queremos agradecer a Paula e Damián a súa implicación na organización do concerto e ao alumnado a súa participación no evento. Sen eles, este tipo de actividades non sería posible.

Hai máis imaxes colgadas na galería da páxina web do centro. Os vídeos grabados das actuacións están gardados en vicedirección.

 

ABRAHAM CUPEIRO "Resoando no pasado"

Este venres 26 de xaneiro, no IES de Soutomaior, tivo lugar a presentación do Proxecto "Resoando no pasado" da man do espectacular músico Abraham Cupeiro para o alumnado de 3º ESO.

Abraham Cupeiro é un músico galego, multiinstrumentista e constructor de diversos instrumentos perdidos no tempo cos cales realiza unha búsqueda de novas sonoridades. Destaca por tocar instrumentos tan antigos como o Karnyx (trompeta celta pertencente á Idade de Ferro) ou a corna.

Nesta charla concerto, Abraham Cupeiro fixo un percorrido por distintos instrumentos pertencentes a diferentes épocas ancentrais. O músico posúe un montón de instrumentos de vento que mostrou ao alumnado, tanto de xeito visual coma de xeito auditivo, interpretando fragmentos musicais de moi diversos estilos. Conseguiu manter a atención do alumnado e captar a súa atención coas sonoridades tan diversas coma as da caracola, a pluma ou incluso coa palliña coa que comezou o concerto. 

Moitas grazas ao Concello de Soutomaior por ofertar esta actividade tan interesante ao noso alumnado. 

Concerto de Santa Cecilia

O pasado martes 21 de novembro, celebrouse na última sesión da tarde o concerto de Santa Cecilia no que participaron alumnos e alumnas da ESO e de Bacharelato.

Este evento foi organizado por Paula Veiga Sertal, que animou aos participantes así como os acompañou nos recreos de gran parte deste primeiro trimestre de curso, para que os nosos músicos chegaran seguros e coas cancións ben traballadas.

  

   

 No concerto participaron.

Rui Jeje Vega  (4º ESO B).

Olalla Lomba Otero (2º ESO C) e Giana Valadares Hernández (3ºESO A)

Lucía Castro Blanco (4ºESO B), Joaquín Castellano Domínguez (3ºESO A), Alba Agulla Rodríguez(3º ESO B)  e Natalia Bouzón Otero (3º ESO C)

Unai, Xiana, Anxo (1º Bach A) e Lola Muiños Seoane (2ºESO B).

Estamos ben orgullosos do alumnado que participa, pois non é nada doado interpretar nun escenario diante de gran parte do instituto. Moitas por facer posible este concerto.

 

PROGRAMACIÓN MÚSICA 4º ESO - CURSO 2023/24

Benvidas e benvidos ao Departamento de Música, 

Nesta entrada de blogue, déixovos colgada a Programación de Música para 4º da ESO neste curso escolar. 

Un saúdo, 

Paula

PROGRAMACIÓN MÚSICA 2º ESO - CURSO 2023/24

Benvidas e benvidos ao Departamento de Música, 

Nesta entrada de blogue, déixovos colgada a Programación de Música para 2º da ESO neste curso escolar. 

Un saúdo, 

Paula

 

Distribuir contido


by Dr. Radut