OLA A TOD@S,
Estas son as últimas actividades que vos vou colgar antes de Semana Santa (esa semana é para descansar, para ler, para disfrutar da familia, e para coller forzas de cara á terceira avaliación, que aínda non sabemos como vai ser).
Polo que vou sabendo polos voso correos, sei que estades todos ben.... MOITO ÁNIMO E MOITA PACIENCIA, QUE O ESTADES A FACER MOI BEN, RAPACES!!!!
OLLO: nos correos que me estades a enviar, moitos de vós, non os redactades ben (escribides todo no asunto do correo). Instrucións para enviar un correo:
ASUNTO: Ficha nº 1 (ou 2, 3, etc) + o voso nome + o voso curso
CORPO DO CORREO: saudádeme, contádeme como estades, como está a familia, preguntádeme as dúbidas que teñades, un "ata logo, profe" de despedida, etc. Estou intentando contestar os vosos correos o máis rápido que podo, pero sempre vos contesto!!
Neste traballo que vos colgo esta semana, tedes de prazo ata o venres 3 de abril. Non quero que traballedes na miña materia en Semana Santa.
2º ESO: No adxunto que tedes debaixo do blogue, está o TEMA 5 completo. Sei que nun 2º da ESO, xa o tiñamos rematado, pero por se é o caso, comprobade que o teñades completo na libreta (se non está completo, o completades) e enviádesme foto co tema ao meu correo: pvsertal@gmail.com.
3º ESO: Visualizade o Power Point do TEMA 4: O CLASICISMO e contestade as preguntas que van na ficha adxunta e mo enviades todo ao meu correo: pvsertal@gmail.com
4º ESO: cólgovos o Power Point das "Mulleres ao longo da historia da música". Copiade na vosa libreta a primeira delas: Hildegard von Bingen e escoitade as audicións que van no Power Point. Enviádeme foto do que copiedes ao meu correo: pvsertal@gmail.com
E XA ME DESPIDO ATA DESPOIS DE SEMANA SANTA!!!
COIDÁDEVOS MOITO E MOITO ÁNIMO, QUE XA QUEDOU MÁIS!!
UNHA APERTA ENORME A TOD@S!!!