Prazo de solicitude: do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos
Forma de presentación:
- Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla).
NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
Procedemento administrativo: ED330B
- Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla na aplicación fondolibros)
- Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria.
Maís información na aplicación fondo libros.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.