O Ministerio de Educación abre o prazo para solicitar as bolsas para o alumnado con NEAE.
Solicitude: aberto o prazo, ata o 13 de setembro de 2024.
Poderedes ler a convocatoria e, de cumprir os requisitos, tramitala online e entregar a documentación no centro.
Poderá ser beneficiario, de cumprir os requisitos (renta e patrimonio, necesidade de atención específica), o alumnado que:
- Presente necesidades educativas especiais derivadas de Discapacidade (33% ou mais), Trastorno Grave de Conduta, ou Trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociado a NEE.
- Trastorno do espectro autista.
- Altas Capacidades.
Atendendo ás bases, o alumnado que non teña ningún dos citados diagnósticos precisará certificar Discapacidade para ser candidato á beca NEAE. A discapacidade debe estar acreditada polo equipo de valoracións da Consellería de Política Social. Se non se dispón de tal acreditación, o Departamento de Orientación non poderá informar favorablemente.
Para estas e outras axudas, recoméndase ás familias de alumnado con especiais dificultades solicitar o recoñemento de discapacidade.
Solicitedes a bolsa ou non, aprovéitase para recomendar que acheguedes, en calquera momento do curso escolar, aquela documentación relacionada (cerficado de discapacidade, informes do SERGAS...) xa que nos axuda a facer un óptimo seguimento do alumnado.