Skip to Content

Magosto no IES de Soutomaior

Un ano máis, o IES de Soutomaior parou as clases para que na tarde do 7 de novembro tivera lugar unha das celebracións máis entrañables da nosa cultura.

Por fortuna o tempo foi clemente con nós e parou de chover polo que puidemos desenvolver as actividades que tiñamos programadas.

             

Para comezar, as alumnas de 2º da ESO Olalla Lomba Otero e Giana Valadares Hernandez interpretaron varias cancións tradicionais.

As dúas artistas demostraron un gran poderío no escenario deixándo ao público abraiado pola súa interpretación.

Quedamos tan encantados que esperamos poder volver a disfrutar da súa música.

    

Despois do concerto, o alumnado puido ir a degustar as castañas ao patio cuberto da entrada.

Coma tódolos anos, Nati, do CEIP Padín Truiteiro deulle a esta celebración un gran salto de calidade traendo o seu tradicional asador e preparando os cucuruchos de castañas.

                

Para rematar, o alumnado puido disfrutar cos nosos xogos tradicionais.

O profesorado e a organización do evento quere agradecer a continua colaboración do alumnado de 1º de bacharelato que estivo a axudar con todo: repartindo as castañas, subindo e baixando os xogos así coma ensinando as bases de cada un aos seus compañeiros. Tamén queremos agradecer a Vanesa Peón o seu traballo para preparar e dirixir esta colaboración e a Antonio Ricón pola súa colaboración activa coa organización dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Para ver máis imaxes do evento pódese aceder á galería.



blog | by Dr. Radut