Skip to Content

Blogue de admin

Aclaracións sobre o transporte escolar

O aumento da matrícula para o presente curso 2020-2021 no IES de Soutomaior, que supera os 400 alumnos e alumnas, motivou un incremento do número de usuarios/as do transporte escolar.

Na solicitude deste servizo para o alumnado da ESO incluída na matrícula ordinaria (mes de xullo), aclarábase que os usuarios excepcionais, que son aqueles que teñen o domicilio a menos de 2 km do centro, cursan unha ensinanza non obrigatoria (Bacharelato) ou están fóra da área de escolarización (Concello), poderían ter acceso a este servizo de houbese prazas vacantes neste servizo que oferta a Consellería de Educación.

Con todo, e en previsión desta problemática, o centro solicitou unha ampliación de prazas á Inspección de Recursos Educativo Complementarios, que respondeu aludindo á normativa vixente (Instrución 1/2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 8 de xuño sobre a xestión do Servizo de Transporte Escolar no Curso 2020-2021).

Ante esta situación, o centro e a empresa adxudicataria intentamos xestionar todas as opcións posibles para darlle o servizo ao maior número de solicitudes. Así, o autobús procedente de Vilaboa reforzará as paradas de Arcade máis afastadas (Peirao-Feira-Cruceiro) e os dous microautobuses da Pontesampaio recollerá, na parada do Cruce de Pierres, o alumnado para vir ao centro (entradas), pero non se pode garantir para todos o servizo no regreso (saídas).

Horarios do Curso 2020-2021

Nos documentos anexos podedes consultar e descargar os horarios dos diferentes cursos para o Curso 2020-2021.

Calendario de presentacións do alumnado e reunións informativas para as familias de 1º ESO

Debido ao protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria fixou unha incorporación gradual do alumnado para o presente curso.  O calendario de presentacións do alumnado é o seguinte:

  •  O acceso ao recinto farase pola entrada principal. O alumnado só poderá entrar ao recinto 15 minutos antes da hora asignada para a presentación do seu curso.
  • O alumnado confirmará o seu grupo nas listaxes que atopará na zona do aparcadoiro e seguirá as indicación do profesorado para dirixirse cara á aula correspondente.
  • A presentación durará entre 1h e 1h30 e, da man do/a titor/a, o alumnado coñecerá as normas principais do protocolo relacionado coa adaptación do ensino á Covid-19 e as instalacións do centro. A continuación, o alumnado abandonará o centro.
  • As clases con todos os grupos comezarán a partir do luns 28 de setembro seguindo as pautas explicadas na presentación e conforme ao horario habitual (mañás, de 09:10 a 14:35; e tarde do martes de 16:30 a 18:10).

  • As familias coñecerán o grupo ao que está asignado o seu fillo ou filla a través de AbalarMóbil ou chamando ao número 886 15 98 01 en horario de mañá (Lei Orgánica de Protección de Datos 3/2018).
  • A reunión terá lugar no ximnasio do IES, ao que se accederá pola porta exterior que se atopa nas escaleiras do acceso principal.
  • Para evitar aglomeracións e en cumprimento das indicacións sanitarias:
    • Só pode asistir un membro da familia por cada alumno/a.
    • Prégase acceder de maneira gradual nos momentos previos ás horas marcadas.
  • Temas a tratar:
    • Acollida.
    • Inicio de curso.
    • Medidas recollidas no Plan de Adaptación ao Protocolo Covid-19.

Información sobre o inicio do curso 2020-2021

O IES de Soutomaior sumouse no día de onte aos IES Illa San Simón, Chapela, IES Mendiño e Mos (ler comunicado conxunto), así como a outros moitos centros educativos galegos, para solicitar o adiamento do comezo do curso, previsto para os días 16, 17 e 18 de setembro, debido á improvisación, á falta de docentes, recursos e espazos e de instrucións claras en tempo e forma por parte da Consellería de Educación.

Este mediodía a Consellería vén de comunicar que se apraza o inicio para os días 23, 24 e 25 co obxectivo de poder afrontar a planificación do curso segundo as novas medidas anunciadas estes días. Calendario:

  • 23 de setembro: 1º e 2º ESO e 1º de Bacharelato.
  • 24 de setembro: 3º ESO e 2º Bacharelato.
  • 25 de setembro: 4º ESO.

O IES de Soutomaior seguirá informando ao alumnado e ás familias das novidades que se vaian dando e lamentamos os inconvenientes derivados desta situación.

Datas, horarios e indicacións de acceso aos exames extraordinarios de setembro

As probas extraordinarias de setembro de ESO e Bacharelato, desenvolveránse os días 1 e 2 de setembro co horario que figura nos PDF anexos. As probas serán presenciais.

Para o acceso seguro ás aulas do exame debe seguirse o seguinte protocolo:

Alumnado de Bacharelato do IES de Soutomaior recoñecido entre os mellores expedientes de Galicia

Alexandre Cabodevila, Rime el Bahi, Xiana Herrero e Paula Ramallo participarán no Acto de recoñecemento ao mellor alumnado de Centros de Ensino Medio de Galicia que organiza a Universidade de Santiago de Compostela dentro do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" para distinguir os estudantes que superan a nota media de 9 entre o Bacharelato e as probas de acceso á Universidade (ABAU).

O acto terá lugar este xovesa 23 de xullo ás 17:00 horas no Salón Nobre de Fonseca da USC. Debido ás circunstancias actuais, non se poderá celebrar un acto multitudinario presencial, mais si que se poderá seguir o acto en vivo a través das seguintes canles de Youtube da USC a partir da 16:30h.: https://www.youtube.com/user/UniversidadeUSC e https://www.youtube.com/user/UniversidadeUSC/live.

Moitos parabéns, Alexandre, Rime, Xiana e Paula por este recoñecemento tan merecido!

Horario de atención ao público

Informamos que, segundo foi aprobado no Plan Xeral Anual, o horario de atención ao público durante a segunda quincena do mes de xullo será o seguinte:

De luns a venres de 09:00 a 12:00 horas

Instrucións e impresos para formalizar a matrícula en setembro (Curso 2020-2021)

Calendario de matrícula

CURSO DATA HORARIO
1º ESO 7 de setembro 08:30 a 14:30
2º ESO
3º ESO
4º ESO 8 de setembro 08:30 a 14:30

1º BAC
2º BAC

Instrucións para formalizar a matrícula (prema no curso correspondente)

1º ESO 3º ESO 1º BAC
2º ESO 4º ESO 2º BAC

Impresos da matrícula (prema no curso correspondente)

1º ESO 3º ESO 1º BAC
2º ESO 4º ESO 2º BAC

Impresos comúns

Listaxe de admitidos e excluídos en Fondo Libros 2020-21 e convocatoria de axudas do concello para material escolar

Xa está dispoñible a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas no Fondo Libros para o curso 2020-2021. Pódese consultar a través de:

  • Quen fixera a solicitude telematicamente, debe acceder á aplicación Fondo Libros da Consellería de Educación usando o certificado dixital ou a Chave 365. 
  • Quen entregara a solicitude no centro, pode consultar a listaxe no instituto (a Lei de Protección de Datos impide publicar a listaxe nominal na web e no taboleiro de información).

Así mesmo, o Concello de Soutomaior vén de convocar as axudas para a adquisición de material escolar. As persoas interesadas en solicitar estas axudas poderán facelo ata o 10 de agosto no departamento de Servizos Sociais na Casa do Concello.

Distribuir contido


by Dr. Radut