Skip to Content

Blogue de admin

Cadernos de Orientación Académica

* Para facer a escolla de materias e itinerarios, é recomendable que consultes os cadernos de ORIENTACIÓN ACADÉMICA publicados para cada curso (agás 1º ESO):

Se tes dúbidas, podes poñerte en contacto coa Orientadora e a Xefatura de Estudos.

Listaxe de Admisión e Pre-matrícula do Curso 2020-2021

Listaxe provisional de Admisión de alumnado

Consultar no Taboleiro de Anuncios do IES ou no teléfono 886159802

*          *          *

Pre-matrícula do Curso 2020-2021

Prazo

do 20 ao 29 de maio

*          *          *

Instrucións e impresos

Accede aos impresos e instrucións para a entrega premendo aquí.

*          *          *

Orientación Académica

Para escoller materias e itinerarios, consulta os cadernos publicados para cada curso (agás 1º ESO).

Convocatoria do Fondo Libros para o Curso 2020-21

FONDO LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
(CURSO 2020/21)

Publícase a orde da Consellería na que se establecen as bases e prazos para a solicitude do Fondo solidario de libros de texto e para a solicitude de axudas para adquisición de libros e material escolar para alumnado de ESO no vindeiro curso.

Normativa legal

A normativa legal pola que se rexirá todo o procedemento é a indicada na Orde do 12 de maio de 2020 [DOG do 19 de maio]. Inclúese, ademais, un extracto coa información máis relevante para as familias e as instrucións para os centros de ensino sobre a organización e tramitación do procedemento do Fondolibros.

Prazos de solicitude

  • Alumnado con reserva de praza no centro: o prazo de solicitude iníciase o día 20 de maio e remata o día 19 de xuño.
  • Alumnado de incorporación tardía: o alumnado que deba incorporarse ao centro fóra do prazo ordinario disporá dun mes de prazo para solicitar o Fondolibros contado a partir da formalización da súa matrícula. En ningún caso se tramitarán solicitudes con posterioridade ao 31 de marzo de 2019.
  • Alumnado que repita 4º de ESO e aquel que non obteña praza en FPBásica: se non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario no prazo ordinario, tamén poderá presentala no prazo de un mes desde a formalización da matrícula.


Lugares de presentación

  • Vía electrónica. As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros da Consellería de Educación a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • No propio centro de ensino. Tamén poderán presentarse cubertos no centro de ensino no que estea admitido ou teña reserva de praza en horario de atención de secretaría (mañás de 09:00 a 14:00 horas).
  • Rexistros oficiais. Poderán presentarse as solicitudes en calquera rexistro oficial dos establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Documentación

  • Formularios dos Anexos I e II da Orde cubertos.
  • Fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar para resolver posibles dúbidas nos datos dos formularios.
  • Documentación complementaria que corresponda da que se indica no Artigo 12 da Orde. A saber:

- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2016, poderán acreditar o número de membros utilizando outros medios (sentenza xudicial de separación ou divorcio, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor/ certificado ou volante de convivencia/ informe de servizos sociais).
- Certificación do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Resoución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en sitación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou de órgano equivalente do concello onde resida a familia, no cado de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

Listaxes do Fondolibros

  • Listaxes provisionais. De acordo coas bases da convocatoria, publicaranse as listaxes da resolución provisional con data límite de 10 xullo do 2020. Téñase en conta que o alumnado pendente de examinarse en setembro que ten aínda os libros para preparar as probas de recuperación quedará excluído nas listaxes provisionais ata a súa devolución e posterior matrícula en setembro. Os participantes no proceso disporán de dous días para facer alegacións contra as listaxes provisionais.
  • Listaxes definitivas. Publicaranse con data límite de 14 de setembro do 2020.
  • INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE AS LISTAXES: De acordo coas bases da convocatoria e coas instrucións da Consellería de Educación, as listaxes poderán consultarse unicamente a través da aplicación informática ou en persoa na Secretaría do centro.

 

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DESTE CURSO

A devolución dos libros deberá efectuarse antes do 7 de xullo (agás alumnado con materias pendentes para setembro). A Consellería de Educación está a preparar unha guía para a súa devolución respectando os límites impostos polas fases de desescalada. Unha vez recibidas as instrucións, trasladarase ás familias o procedemento de acceso ao centro e recollida dos libros.

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e material escolar para o Curso 2020-2021 (resumo)

 Aberto prazo para a presentación de solicitudes de participación no
Fondo solidario de libros de texto para cursos de ESO (2020-2021) segundo a Orde do 12 de maio (DOG, 19-05-2020). Ver Extracto.

Descargar información

PRAZO
do 20 de maio ao 19 de xuño (incluído)

LUGAR
na Secretaría do centro ou a través da sede electrónica da Consellería de Educación (con certificación dixital)

Listaxe de admisión e pre-matrícula para o Curso 2020-2021

Unha vez rematado o proceso de presentación de solicitudes, a listaxe provisional de admisión de alumnado para o curso 2020-2021 pode consultarse no Taboleiro de Anuncios do centro ou chamando por teléfono ao 886159802. 

Ademais, xa están dispoñibles os impresos de pre-matrícula para o alumnado:

- Prazo: do 20 ao 29 de maio.

- Instrucións:

  • Descargar o impreso correspondente ao nivel no que vaia matricularse o/a alumno/a no Curso 2020-2021.
  • Cubrir o impreso. 
  • Gardar unha copia (ou fotografía). Esta solicitude será vinculante á hora de formalizar a matrícula no mes de xullo.
  • Devolver o impreso cuberto ao centro enviándoo ao seguinte correo: ies.soutomaior.arcade@gmail.com

*Se algunha familia non pode envialo por este medio, poderá deixalo no centro, en horario de 9:00 a 14:00h (en administración: Paz), tomando as medidas oportunas.

*Para facer a escolla de materias e itinerarios, é recomendable que consultes os cadernos de ORIENTACIÓN ACADÉMICA publicados para cada curso (agás 1º ESO):

Se tes dúbidas, podes poñerte en contacto coa Orientadora e a Xefatura de Estudos.

Porque paga a pena!

PaP

 

Descubride vós mesmos porque paga a pena entrando aquí.

Clube da Lingua do IES de Soutomaior.

MEGA. Música En GAlego porque paga a pena

O Clube da Lingua do IES de Soutomaior lanza, a través de @pagaapena, a iniciativa Música En Galego... porque paga a pena. Con esta actividade queremos dar a coñecer a música feita en galego entre a mocidade de Soutomaior, e máis alá, porque hai unha chea de grupos e artistas de todos os estilos que paga a pena coñecer.

Ademais, entre os mozos e as mozas participantes sortearemos camisolas e outros produtos textís con deseños e mensaxes chulas en galego e, unha vez rematada, contaremos coa primeira playlist de música en galego da mocidade de Soutomaior.

Se tes entre 12 e 20 anos, coñece máis polo miúdo MEGA premendo aquí e participa a través das nosas contas en Instagram e Facebook e das etiquetas #MEGApagaapena #musicaengalego.

As nosas playlist:

Para estar co(a)s colegas

Para saír de festa

Para mudar o mundo

Música riquiña

 

 

Letras Galegas 2020

O alumnado de 2º ESO elaborou estes poemas ilustrados para festexar o Día das Letras Galegas 2020. Moitos parabéns por este fermoso traballo e moitas grazas por agasallarnos con estes fermosos textos!

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

 

     

 

Premendo aquí ou na imaxe poden acceder á adaptación da programación.

Os criterios de cualificación de cada materia estarán dispoñibles no curso correspondente da Aula Virtual.

 

 

 

 

#VinteConOutrosOllos. Un concurso para a túa ollada sobre a ‘nova realidade’

O dominio PuntoGal e VINTE convocan un concurso de creación audiovisual en Instagram. Co título “#VinteConOutrosOllos", consiste na creación dunha peza de vídeo inferior a 1 minuto na que cada participante nos mostre a realidade exterior cunha ollada distinta a como a vía antes. Haberá cinco premios: un agasallo tecnolóxico e 4 bonos de compra en librarías independentes. 5 creadores novos compoñen o xurado. O prazo para participar remata o 31 de maio.

Máis información neste artigo de Vinte.

Distribuir contido


by Dr. Radut