Skip to Content

Blogue de admin

Plan Xeral Anual 2023-2024

 

Proxecto Educativo de Centro

Premede na imaxe ou aquí para acceder ao Proxecto Educativo de Centro.

Programa de Orientación Académica e Profesional

Premede na imaxe ou aquí para acceder ao Programa de Orientación Académica e Profesional elaborado polo Departamento de Orientación durante o Curso 2019-2020.

Plan de Convivencia

Premede na imaxe ou aquí para acceder ao Plan de Convivencia, aprobado no Consello Escolar do 28 de xaneiro de 2020.

Plan Xeral de Atención á Diversidade

Premede na imaxe ou aquí para acceder ao Plan Xeral de Atención á Diversidade, aprobado na Comisión de Coordinación Pedagóxica do 27 de novembro do 2018.

Tendais comunitarios: os coidados ó clareo

O Concello de Soutomaior pon en marcha a INICIATIVA: TENDAIS COMUNITARIOS: os coidados ó clareo dirixida a todas as idades co fin de dar visibilidade ós coidados como a forma máis produtiva de dar e manter a vida; mediante a manifestación creativa e afectiva da corresponsabilización da comunidade.

Neste tempos de confinamento no que o Coronavirus ocúpao todo dun xeito transversal  e universal  cómpre pararnos a pensar e reflexionar, pois é certo que ten limitados os nosos movementos físicos pero tamén é certo que non pode parar a nosa capacidade de viaxar polo noso universo interior. Nin tampouco pode limitar a nosa capacidade de compartir e  expandir ese universo ao resto da comunidade para axudar e axudarnos mediante a nosa experiencias e aprendizaxes. 

Botádelle unha ollada a esta proposta!

Servizo gratuito para imprimir as tarefas escolares

O Concello de Soutomaior pon en marcha o servizo de impresión das tarefas escolares para as familias que o precisen.

Deberán enviar a documentación ao email educación@soutomaior.com, indicando o nome, enderezo e número de teléfono de contacto para a entrega.

Plan de formación de xuventude e voluntariado durante a emerxencia sanitaria do COVID-19

A Xunta impulsa un plan de formación para a mocidade e as persoas voluntarias coa finalidade de ofrecer opcións en materia de voluntariado e de educación non formal durante esta situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19:

  • Para quen? Para persoas mozas de entre 16 e 35 anos.
  • Que se oferta?
    • Voluntariado: cursos que se desenvolverán no ámbito do voluntariado son: Acción voluntaria en situacións de emerxencia, Lingua de signos, Novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias; Voluntariado e transformación social; Aprendizaxe reflexiva a través da acción voluntaria; Curso básico de voluntariado; e Educación e voluntariado ambiental.
    • Xuventude: 11 cursos de formación dirixidos á xuventude: Fotografía dixital; Oratoria: formación en comunicación; Xestión do estrés; Crea a túa páxina web; Influencers dixitais; Xestión do tempo para o estudo; Educación en valores no tempo libre; Orientación vocacional; Escape Room educativo analóxico e dixital; Obradoiro de gravación de vídeo e Futuro en igualdade.
  • Cando se fai a inscrición? Do mércores 8 ao luns 13 de abril.
  • Como se fai a inscrición? Haberá dispoñible un formulario na páxina web de Voluntariado

Ánimo! Vémonos axiña!

Boletín de notas da 2ª avaliación

Prezadas familias,

O venres 27 de marzo a Consellería de Educación ditou instrucións polas cales se debe realizar a avaliación do 2º trimestre valorando o traballo feito polo alumnado ata o día no que se decretou o Estado de alarma, isto é, ata o 13 de marzo.

Por este motivo, este venres día 3 de abril o centro publicará a través de abalarMóbil (descarga da aplicación e manuais de uso) o boletín das notas da 2ª avaliación. Agás en 2º de Bacharelato, nivel no que si se completaron todas as probas de avaliación, no resto de cursos valorade estas cualificacións tendo en conta a peculiar e anómala situación que vivimos. Considerade que só estamos valorando unha parte dos contidos previstos e que faltarían probas, traballos e actividades para poder concretar unha nota máis completa.

De cara á 3º avaliación, agardamos ter canto antes indicacións claras da Consellería de Educación para poder proceder nas póximas semanas.

Distribuir contido


by Dr. Radut