Skip to Content

Blogue de admin

Calendario de setembro para o alumnado

Nos documentos adxuntos infórmase de:

*As probas realizaranse de forma presencial segundo o programa previsto. No caso de que pola evolución da pandemia da COVID-19 houbese algunha modificación, notificarase a través dos medios habituais.

Comunicado do Claustro do IES de Soutomaior

No día de hoxe, 30 de xuño de 2020, o Claustro do IES de Soutomaior aprobou por unanimidade este escrito dirixido ás autoridades educativas, ao conxunto da comunidade educativa, aos medios de comunicación e aos sindicatos.

Nel queremos deixar constancia da problemática vivida no noso centro e no sistema educativo galego dende a suspensión das clases no mes de marzo, unha problemática derivada da ausencia de directrices e protocolos claros por parte da administración educativa, que non respondeu con garantías ás necesidades formativas, de infraestruturas dixitais e de acompañamento e liderado que precisabamos nunha crise desta envergadura.

Esta situación de abandono e orfandade foi suplida grazas ao inxente traballo e ao compromiso do profesorado, o alumnado e as familias, coa colaboración dos servizos municipais. Por iso, a dous meses do comezo do Curso 2020-2021, precisamos coñecer como se van desenvolver as medidas recollidas no acordo entre as CC.AA. e o Ministerio de Educación e sinalamos as que, na nosa opinión, deben ser as medidas imprescindibles e necesarias para afrontar este reto educativo, social e de seguridade sanitaria.

Boleto premiado no Sorteo Pro-Excursión París 2020

A alerta sanitaria decretada en marzo de 2020 truncou a ilusión do alumnado de 4º ESO, que ía celebrar a fin de etapa cunha viaxe a París para a cal estiveron traballando durante meses, tanto para financiarse como para coñecer e gozar plenamente da visita á capital francesa a través do Proxecto París.

A suspensión das actividades lectivas adiou o último sorteo organizado para acadar cartos para a viaxe, consistente nun programa para 2 persoas no Balneario Mondariz (aloxamento de 1 noite, almorzo buffet e unha actividade termal: Palacio da Auga ou Circuíto Celta).

Unha vez rematado o Estado de Alarma, procedeuse a facer o sorteo. O boleto premiado é:

  • Número 1109, vendido pola alumna Adriana Barros.

No caso de non aparecer antes do venres 10 de xuño a persoa gañadora, que debe presentar a rifa, o boleto suplente corresponde co:

  • Número 1740, vendido polo alumno Adán Piñeiro.

Para retirar o premio é preciso poñérse en contacto co centro no teléfono 886.159.801 ou no correo ies.soutomaior@edu.xunta.gal.

Alumnado: datas e instrucións para a entrega dos boletíns, devolución de libros e outros trámites

A comunicación das cualificacións realizarase a través de Abalar o xoves 24 de xuño ás 10:00h. Para coñecer as datas e horas de entrega dos boletíns en papel e outros trámites, consulta este documento.

É moi importante o cumprimento das datas e horarios establecidos para cada curso e grupo. O alumnado seguirá en todo momento as medidas sanitarias necesarias (uso de márcara, gardar distancia de seguridade...). Entrarase ao centro só en caso de ser necesario facer algunha xestión.

Matrícula 2020-2021: calendario e documentación

Calendario de matrícula

CURSO DATA HORARIO
1º ESO 1 de xullo 08:30 a 14:30
2º ESO 2 de xullo 08:30 a 14:30
3º ESO 2 de xullo 08:30 a 14:30
4º ESO 5 de xullo 08:30 a 14:30
1º BAC 6 de xullo 08:30 a 14:30
2º BAC 7 de xullo 08:30 a 14:30

Instrucións para formalizar a matrícula (prema no curso correspondente)

1º ESO 3º ESO 1º BAC
2º ESO 4º ESO 2º BAC

Impresos da matrícula (prema no curso correspondente)

1º ESO 3º ESO 1º BAC
2º ESO 4º ESO 2º BAC

Impresos comúns

O que Adriana Eugenio viu dende a súa xanela

adriana
 
Adriana Eugenio, alumna de 1º ESO B, vén de ser premiada no Concurso O que ves desde a túa xanela (categoría 12-14 anos) que convocou a Deputación co obxectivo de "descubrir a paisaxe que vemos desde a nosa xanela: as rúas, as árbores, o mar e o campo", mais tamén para "abrir unha xanela aos lugares aos que nos gustaría regresar e que partillamos coa familia e as amizades".
 
En palabras do xurado, o traballo de Adriana destaca "pola súa calidade artística amosando destreza na técnica da acuarela, a beleza dos trazos e o seu realismo".
 
Moitos parabéns, Adriana! Estendemos a nosa felicitación ás familias e ao profesorado de Plástica por animar e acompañar estes traballos de expresión artística dos rapaces e as rapazas durante o confinamento.

Expedición do título de Bacharelato e matrícula ABAU

PROCESO

Hai que facelo en dous pasos:

  1. Solicitar o título de Bacharelato.
  2. Matricularse na ABAU.

PASO 1: EXPEDICIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO

Instrucións sobre a documentación que se debe presentar, taxas e códigos para a expedición do Título de Bacharelato 2020.

Modelo de taxas.

PASO 2: MATRÍCULA NAS ABAU

Instrucións     *     Impreso da matrícula     *    Impreso do pagamento de taxas.

PROTOCOLO DE SEGURIDADE ABAU 2020 (05-06-2020)
Preme na imaxe.

CIRCULAR 2/2020

Circular sobre o procedemento para a reclamación das cualificacións en 2º BACH (05-06-2020). Preme aquí.

Información sobre Seccións Bilingües

Nas seguintes ligazóns, están dispoñibles os seguintes documentos:

Entrega:

  • Prazo: venres 5 de xuño.
  • A autorización será cuberta polas familias e enviada ao correo: ies.soutomaior.arcade@gmail.com
  • Se alguén non pode enviala por este medio, pode entregala, asinada, na secretario do centro, en horario de 9:00 a 14:30h.

Organización das materias: semana do 15 ao 19 de xuño

Actividades da semana do 15 ao 19 de xuño

Premede nesta ligazón para acceder á distribución de actividades por cursos e materias.

*          *          *

 Canles de comunicación do IES, contacto co profesorado e Orientación Académica

Esta páxina e abalarMóbil son os medios a través dos cales o centro emite información e organiza a comunicación entre o alumnado e as familias e o profesorado para dar continuidade, na medida do posible, ao traballo académico de forma telemática.

Accede aos correos do profesorado, á Orientación Académica e aos titoriais e manuais de uso das ferramentas TIC premendo en cada unha das imaxes.

Distribuir contido


by Dr. Radut