Skip to Content

Blogue de admin

Xornada de portas abertas e información sobre seccións bilingües e viaxe de inmersión lingüística (Curso 2019-2020)

portas abertas

Este venres día 7 de xuño teremos unha xornada de portas abertas para as familias que solicitaron matrícula no instituto e queiran coñecer o centro (tríptico informativo). Esta actividade comezará ás 16:30 cunha acollida no recibidor de entrada e unha visita guiada polas instalacións. Rematará na sala polivalente, onde trataremos de responder a todas as dúbidas que se formulen.

Se queredes pasarvos a coñecernos, estaremos encantados de guiarvos na visita.

Así mesmo, achegamos varias follas informativas, que podedes descargar, con información de interese sobre:

1.- Seccións bilingües, que recolle a información dada na reunión do día 21 de maio.

2.- Autorización para participar nas seccións bilingües (se estades interesados/as en que as vosas fillas e fillos participen neste programa). Non implica anotarse xa definitivamente, mais sérvenos para coñecer o número de alumnos/as interesado/as nesta oferta.

3.- Sondeo sobre a participación nun Curso de inglés intensivo en Malta. Proposta do Departamento de Inglés para valorar o interese das familias.

Pregamos que nos devolvades cubertas as follas dos puntos 2 e 3 para poder facer unha mellor planificación do vindeiro curso. Podedes facer a entrega no instituto ou nos centros de primaria. Se algunha familia xa cubriu estas instancias non precisa repetilas.

David Alján, finalista no VII Certame de Relato Curto organizado pola FANPA

David Alján Lusquiños, alumno de 4º ESO, volveu dar mostra das súas dotes para a escrita literaria no VII Certame de Relato Curto convocado pola FANPA para todos os centros públicos da provincia. A participación nesta edición acadou unha cifra récord con 1300 textos nas diferentes categorías (Primaria, ESO, Bacharelato e FP e Adultos) e só 120 relatos pasaron á final.

Ademais deste recoñecemento e do diploma acreditativo, o relato "O panda" recóllese nun libro publicado pola editorial Kalandraka, fermosamente ilustrado por Ramón G. Trigo e amadriñado pola escritora Concha Blanco, que foi homenaxeada no acto de entrega de premios que tivo lugar no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra este venres 31 de maio. Ademais, o texto será publicado neste verán nas páxinas do Diario de Pontevedra, pero xa podedes lelo, e recomendamos vivamente a súa lectura, premendo aquí

Moitos parabéns, David, e grazas por compartir con todos e todas nós as túas creacións.

Distribuir contido


by Dr. Radut