Skip to Content

Convocatoria do Fondo Libros para o Curso 2020-21

FONDO LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
(CURSO 2020/21)

Publícase a orde da Consellería na que se establecen as bases e prazos para a solicitude do Fondo solidario de libros de texto e para a solicitude de axudas para adquisición de libros e material escolar para alumnado de ESO no vindeiro curso.

Normativa legal

A normativa legal pola que se rexirá todo o procedemento é a indicada na Orde do 12 de maio de 2020 [DOG do 19 de maio]. Inclúese, ademais, un extracto coa información máis relevante para as familias e as instrucións para os centros de ensino sobre a organización e tramitación do procedemento do Fondolibros.

Prazos de solicitude

  • Alumnado con reserva de praza no centro: o prazo de solicitude iníciase o día 20 de maio e remata o día 19 de xuño.
  • Alumnado de incorporación tardía: o alumnado que deba incorporarse ao centro fóra do prazo ordinario disporá dun mes de prazo para solicitar o Fondolibros contado a partir da formalización da súa matrícula. En ningún caso se tramitarán solicitudes con posterioridade ao 31 de marzo de 2019.
  • Alumnado que repita 4º de ESO e aquel que non obteña praza en FPBásica: se non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario no prazo ordinario, tamén poderá presentala no prazo de un mes desde a formalización da matrícula.


Lugares de presentación

  • Vía electrónica. As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros da Consellería de Educación a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • No propio centro de ensino. Tamén poderán presentarse cubertos no centro de ensino no que estea admitido ou teña reserva de praza en horario de atención de secretaría (mañás de 09:00 a 14:00 horas).
  • Rexistros oficiais. Poderán presentarse as solicitudes en calquera rexistro oficial dos establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Documentación

  • Formularios dos Anexos I e II da Orde cubertos.
  • Fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar para resolver posibles dúbidas nos datos dos formularios.
  • Documentación complementaria que corresponda da que se indica no Artigo 12 da Orde. A saber:

- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2016, poderán acreditar o número de membros utilizando outros medios (sentenza xudicial de separación ou divorcio, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor/ certificado ou volante de convivencia/ informe de servizos sociais).
- Certificación do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Resoución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en sitación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou de órgano equivalente do concello onde resida a familia, no cado de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

Listaxes do Fondolibros

  • Listaxes provisionais. De acordo coas bases da convocatoria, publicaranse as listaxes da resolución provisional con data límite de 10 xullo do 2020. Téñase en conta que o alumnado pendente de examinarse en setembro que ten aínda os libros para preparar as probas de recuperación quedará excluído nas listaxes provisionais ata a súa devolución e posterior matrícula en setembro. Os participantes no proceso disporán de dous días para facer alegacións contra as listaxes provisionais.
  • Listaxes definitivas. Publicaranse con data límite de 14 de setembro do 2020.
  • INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE AS LISTAXES: De acordo coas bases da convocatoria e coas instrucións da Consellería de Educación, as listaxes poderán consultarse unicamente a través da aplicación informática ou en persoa na Secretaría do centro.

 

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DESTE CURSO

A devolución dos libros deberá efectuarse antes do 7 de xullo (agás alumnado con materias pendentes para setembro). A Consellería de Educación está a preparar unha guía para a súa devolución respectando os límites impostos polas fases de desescalada. Unha vez recibidas as instrucións, trasladarase ás familias o procedemento de acceso ao centro e recollida dos libros.

 



blog | by Dr. Radut