Skip to Content

Outras novas

Publicada a listaxe provisional dos admitidos e excluídos nas probas libres da ESO

As persoas que se matricularon nas probas libres de setembro durante os días 1 e 8 de xullo, poden consultar esta listaxe no taboleiro de entrada.

O prazo para as reclamacións é do 19 ao 21 de xuño.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA: 22 de xullo.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

Horario de apertura de verán 2021

O horario de apertura do centro será:

Do 1 ao 23 de xullo De  9:00 a 14:00 horas
Do 26 de xullo ao 31 de agosto De 10:00 a 12:00 horas

Fora de este horario poden contactar a través do correo eletrónico ies.santairene@edu.xunta.gal

Xornadas de Portas Abertas na Universidade de Vigo. 24 e 25 maio 2021

Hoxe luns 24 e mañá martes 25 de maio terán lugar a partir das 16:00 h e en formato virtual (a través do Campus Remoto) as Xornadas de Portas Abertas da Universidade de Vigo. Nelas, o alumnado terá a oportunidade de escoitar a responsables das facultades e escolas da UVigo explicando as principais características das titulacións ofertadas para o curso 21-22.

Día non lectivo

Lembramos a toda a comunidade educativa que o martes 18 de maio non haberá clase por ser un dos días escolidos polo centro como non lectivos.

Vémonos o mércores 19!

Instrucións ABAU

Presentación realizada pola profesora Ana Díaz no centro sobre as probas ABAU: matrícula, desenvolvemento, calendario, acceso á universidade...

Pago de Taxas título de Bacharel

O alumnado que aprobou 2º de bacharelato ten que aboar as taxas para a obtención do título de Bacharel. O mércores 19 de maio, de 9 a 12 horas, deberase entregar na secretaría do instituto dúas copias (unha delas devolverase selada como comprobante) do resgardo de ter realizado o pagamento.

Poden facelo de xeito telemático, a través da páxina da Axencia Tributaria de Galicia https://ovt.atriga.gal/.

Cidadáns > Iniciar taxa (cadeado aberto) > Iniciar taxa (desplegables)

Diagnose e seguimento da convivencia escolar

Do 12 ao 29 de abril, ámbolos dous incluidos, toda a comunidade escolar (familias, alumnado, profesorado e persoal non docente) cubrirá un cuestionario (vía internet) proporcionado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, destinado á actualización dos datos relativos á Convivencia escolar, que permita axustar as respostas educativas e organizativas.

Talleres de Xestión Emocional

Estos días se están desenvolvendo no noso IES Talleres de xestión emocional a través do Programa Eduemociona, en 4º da ESO e 1º de Bach

Secretaría: Atención ao público durante o periodo de solicitude de admisión

Con motivo da apertura do prazo de solicitude de admisión para o curso 21-22, por seguridade COVID e para evitar esperas innecesarias, ata o 22 de marzo inclusive non se resolverán dúbidas por ventanilla. 

Estas deberán facerse por teléfono ou a través do correo electrónico ies.santairene@edu.xunta.gal, no que, se así o desexa, pode deixar un teléfono de contacto; poñerémonos en contacto con vostede o antes posible

Vacacións Nadal

A Xefatura Territorial de Educación autorizou ao IES Santa Irene adiar o reinicio de curso tralas vacacións de Nadal para o luns 11 de xaneiro, con motivo das obras que se están levando a cabo no centro.

Polo tanto, as vacacións comezan o día 23 de decembro (último día de clase, 22 de decembro) e rematan o 10 de xaneiro (primeiro día de clase, 11 de xaneiro).

Aproveitamos para desexar a toda á comunidade educativa unhas Felices Festas.

Distribuir contido


by Dr. Radut