Skip to Content

Publicada a listaxe provisional dos admitidos e excluídos nas probas libres da ESO

As persoas que se matricularon nas probas libres de setembro durante os días 1 e 8 de xullo, poden consultar esta listaxe no taboleiro de entrada.

O prazo para as reclamacións é do 19 ao 21 de xuño.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA: 22 de xullo.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

As probas libres para a obtención do título de ESO celebraranse:

DATA DA CONVOCATORIA: Venres 10 de setembro de 2021
HORA DE PRESENTACIÓN: 9:00 horas
LUGAR DE CELEBRACIÓN: IES República Oriental do Uruguai
Rúa Coutadas, 54. Telef. 886120490
HORARIO DAS PROBAS:  Ámbito científico tecnolóxico - 9:30 a 12:00 horas
Ámbito social - 12:15 a13:15 horas
Ámbito comunicación - 16:00 a 19:00 horas

Para a realización das probas, as persoas inscritas acreditarán a súa identidade presentando o DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito. Non se permitirá o acceso ás persoas que non estean correctamente identificadas.



story | by Dr. Radut