Skip to Content

Diagnose e seguimento da convivencia escolar

Do 12 ao 29 de abril, ámbolos dous incluidos, toda a comunidade escolar (familias, alumnado, profesorado e persoal non docente) cubrirá un cuestionario (vía internet) proporcionado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, destinado á actualización dos datos relativos á Convivencia escolar, que permita axustar as respostas educativas e organizativas.

Para completar o cuestionario precísase unha clave que relaciona a cada persoa cun centro, garantindo o seu anonimato. As familias recibirán, a través dos seus fillos/as, un documento escrito coa información e a clave para a realización do cuestionario. O alumnado cubrirá o cuestionario no propio centro.

Pode acceder ao cuestionario seguindo este enlace: https://www.edu.xunta.gal/convfamil

AdxuntoTamaño
guia_uso_censual_2021.pdf444 KB


story | by Dr. Radut